200px|miniatura|dereita|O Che Guevara. Ernesto Guevara de la Serna, o Che Guevara, foi un protagonista decisivo na Revolución Cubana, a revolución que afastou ó ditador Fulgencio Batista da illa. Despois da vitoria axudou a retirar os tradicionais lazos económicos que xunguían Cuba e os Estados Unidos para facer un achegamento á URSS. Xa que logo Guevara xogou un papel primario na formación da política exterior cubana, ó defender unha posición "antiimperialista" e ó apoiar movementos esquerdistas revolucionarios en América Latina e África.

Guerrilla na Revolución Cubana

miniatura|dereita|550px|Mapa de Cuba, cos principais lugares de actividade guerrilleira O 10 de marzo de 1952 un golpe de Estado dirixido polo xeneral Fulgencio Batista derrocara ó presidente democrático Carlos Prío Socarrás, do Partido Auténtico, nun marco internacional que transitaba os primeiros momentos da guerra fría entre os Estados Unidos e a Unión Soviética. Batista instalou unha sanguenta ditadura co argumento de combater o comunismo. Con todo o escandaloso nivel de corrupción e violación dos dereitos humanos levou á conformación dunha oposición xeneralizada partidaria da insurrección para apartar do poder a Batista, do que participaron os partidos políticos de oposición, os sindicatos, e o movemento estudantil.

Nese contexto actuaría o Movimiento 26 de Julio, unha evolución revolucionaria do Partido Ortodoxo, de ideoloxía basicamente nacionalista-antiimperialista, buscando en todo momento artellar as súas forzas con outros sectores opositores, co proxecto de establecer un goberno democrático nacionalista. Pola súa banda, a pesar de manter relacións estreitas con Fidel Castro e a guerrilla en Serra Maestra, o Partido Socialista Popular (comunista) criticou a experiencia guerrilleira atribuíndolle unha intención puramente aventureira e golpista. Finalmente, varias forzas políticas tiñan por entón organizacións armadas ademais do Movimiento 26 de Julio, como o Directorio Revolucionario 13 de Marzo, o Partido Socialista Popular e o Segundo Frente Nacional del Escambray.

A desastre da chegada a Cuba O 25 de novembro de 1956 un grupo de 82 guerrilleiros do Movimiento 26 de Julio que adestraron en México embarcáronse rumbo a Cuba no iate Granma (en inglés diminutivo de grandmother). Dirixidos por Fidel Castro, no grupo atopábanse tamén Raúl Castro e o Che Guevara entre outros.

A travesía durou sete días, dous máis do agardado, debido o cal o grupo que ía apoiar a súa chegada a Cuba xa se retirara. Na mañanciña do 2 de decembro o iate ancorou na costa suroccidental, preto da praia de Las Coloradas, no Golfo de Guacanayabo, polo que os rebeldes deberon deixar a maior parte das municións, alimentos e medicamentos no barco.

Tres días despois, cando aínda trataban de organizarse, o grupo foi emboscado polo exército en Alegría de Pío. É durante ese ataque cando o Che, o médico do grupo, deixou a maleta médica por unha caixa de munición dun compañeiro abatido, un momento que tempo despois definiría como o marco divisor na súa transición de doutor a combatente<ref>« Quizás esa fue la primera vez que tuve planteado prácticamente ante mí el dilema de mi dedicación a la medicina o a mi deber de soldado revolucionario. Tenía delante de mí una mochila llena de medicamentos y una caja de balas, las dos eran mucho peso para transportarlas juntas; tomé la caja de balas, dejando la mochila … » cita de « Verde Olivo », Habana, Cuba, 26 febreiro 1961. Guevara, Ernesto Che. Pasajes de la Guerra Revolucionaria, Habana, Cuba: 1963, Ediciones Unión.</ref>.

A maior parte do grupo morreu no combate, foron executados ou detidos. O resto dispersouse e volveuse reunir en Serra Maestra o 21 de decembro. Guevara foi ferido superficialmente no pescozo e caeu nunha especie de sopor do que foi sacado por Juan Almeida Bosque, para reorganizar un grupo de oito homes en situación desesperada pola fame, a sede e a persecución do exército.

A cantidade exacta de sobreviventes descoñécese. Aínda que a historia oficial fala de "doce", sábese que en Serra Maestra reuníronse polo menos 20 guerrilleiros dos 82 que chegaron no Granma.

Nesa oportunidade o Che Guevara foi severamente reprendido por Fidel Castro debido á perda das armas, que foran escondidas por orde daquel na casa dun campesiño logo revisada polo exército.

A desastre do desembarco foi noticia de primeira páxina e na lista de mortos dada polo goberno aparecían os dous irmáns Castro e Ernesto Guevara, afectando fondamente á súa familia. Con todo o último día do ano recibiron unha nota manuscrita súa, con selo do correo cubano, que dicía:

Serra Maestra, un difícil comezo miniatura|dereita|500px|Mapa de Serra Maestra Serra Maestra é un cordón montañoso alongado situado sobre a costa no extremo sueste da illa de Cuba, a pouco máis de 800 km da súa capital, A Habana.

Os rebeldes sobreviventes reagrupáronse de seguida nas montañas de dita serra para organizar unha guerrilla contra o ditador cubano Fulgencio Batista, que estaba apoiado polos Estados Unidos.

Unha vez establecido o grupo guerrilleiro en Serra Maestra o Movimiento 26 de Julio organizouse en todo o país coa fin de apoiaren á guerrilla na serra. Entre os dirixentes máis importantes que actuaban atopábanse: Frank País, Vilma Espín, Celia Sánchez, Faustino Pérez, Carlos Franqui, Haydée Santamaria, Armando Hart, René Ramos Latour (Daniel).

En Serra Maestra, o Che Guevara actuou como médico e combatente, a pesar de sofrer de fortes ataques de asma. O Che subliña a importancia de facerse aceptar pola poboación abastecendo de coidados os pobos illados ou alfabetizando. Os rebeldes fortalécense lentamente, aumentando o seu armamento, recadando apoio e o recrutamento de moitos campesiños, intelectuais e traballadores urbanos. Guevara mostra grande afouteza e talento en combate e logo tórnase un dos homes de confianza de Fidel Castro.

Guevara tamén impuxo a súa personalidade ó amosarse estrito fronte ós actos de indisciplina, de traizón e criminais, non só na propia tropa, senón tamén con respecto ós soldados inimigos e ós campesiños que habitaban a zona. Esta face fíxose evidente o 17 de febreiro de 1957, cando descubriron que un dos guerrilleiros, Eutimio Guerra, era un traidor que revelara ó inimigo a situación do grupo, o que permitiu ó exército bombardear a súa posición no pico Caracas e logo emboscalos nos Altos de Espinosa, póndoos ó bordo da derrota definitiva. Fidel Castro decidiu entón que sería fusilado por traizón, pero sen indicar quen o executaría. Ante a indecisión xeral foi o Che Guevara quen o fixo, amosando unha frialdade e dureza fronte os crimes en tempos de guerraAnderson:231-232. Pola contra, Guevara parece actuar con tolerancia fronte ós erros dos seus propios homes e os prisioneiros inimigos. En varias oportunidades interveu ante Fidel Castro para evitar execuciónsAnderson:259,312, así como atendeu medicamente a soldados feridos, prohibindo estritamente as torturas ou o fusilamento de prisioneirosAnderson;221, 252, 270.

Durante os primeiros meses de 1957 o grupiño guerrilleiro mantivo moi poucos combates, de escasa envergadura.

A finais de febreiro apareceu no New York Times, o xornal máis lido dos Estados Unidos, unha entrevista a Fidel Castro realizada por Herbert Matthews en Serra Maestra. O impacto foi enorme e comezou a xerar unha certa simpatía cara aos guerrilleiros na opinión pública nacional e internacional. Nese momento, coa fin de estreitar relacións cos campesiños que habitaban na Serra, o grupo guerrilleiro comezou a ofrecer os servizos médicos do Che Guevara, que comezou así a ser coñecido na rexión.

O 28 de abril Fidel Castro logrou outro forte golpe de efecto: deu unha conferencia de prensa para a canle de radio e televisión norteamericana CBS, no cumio do pico Turquino, a montaña máis alta de Cuba.

Para finais de maio o exército guerrilleiro medrara a 128 combatentes ben armados e adestrados e o 28 de maio produciu a súa primeira acción de certa magnitude, o ataque ó Cuartel de El Uvero, onde morreron 6 guerrilleiros e 14 soldados e houbo gran cantidade de feridos de ámbolos bandos. Logo do combate Castro tomou a decisión de deixar ó Che Guevara a cargo dos feridos para non demorar ó grupo principal ante a inminente persecución por parte das tropas do goberno.

O Che e catro homes (Joel Iglesias, Alejandro Oñate («Cantinflas»), Juan Vitalio Acuña Núñez e un guía) deberon entón facerse cargo de agochar, protexer e curar ós sete guerrilleiros feridos durante cincuenta días. Nese lapso Guevara non só atendeu e mantivo protexidos a todos, senón que impuxo disciplina no grupo, recrutou novos guerrilleiros, obtivo o apoio dun gran latifundio da zona e estableceu un sistema de aprovisionamento e comunicación coa cidade de Santiago de Cuba. Cando volveu xuntarse co resto, o 17 de xullo, o Che tiña un pequeno exército autónomo de 26 combatentes. Para entón os rebeldes xa conseguiran liberar un pequeno territorio ó oeste do Pico Turquino e 200 homes disciplinados. Ese día Fidel Castro decidiu formar unha segunda columna con 75 homes, á que denominaría despois Cuarta Columna. Simultaneamente ascendeu a Che Guevara ó grao de capitán e cinco días despois designouno comandante da formación. Até ese intre só Fidel Castro tiña grao de comandante. En diante o trato cara a el debía ser de «Comandante Che Guevara». Pacho O'Donnell, "Che, la vida por un mundo mejor", random house mandatori, 2003, p.123

Comandante da Cuarta Columna A Segunda Columna (chamada logo «Cuarta» para confundir ó inimigo) estivo integrada orixinalmente por catro pelotóns a cargo de Juan Almeida, Ramiro Valdés, Ciro Redondo e Lalo Sardiñas. Posteriormente integraríase Camilo Cienfuegos, con quen establecería unha estreita amizade, substituíndo a Lalo Sardiñas como o seu segundo ó mando.

Lograría, tras algunhas batallas e escaramuzas vitoriosas (Bueycito, El Hombrito), tomar o control da zona do Hombrito e establecer unha base permanente. Alí construíu un hospital e unha panadería entre outros, para crear unha infraestrutura industrial de apoio. Tamén lanzou o xornal El Cubano Libre.

As tropas do goberno estaban dirixidas por Ángel Sánchez Mosquera quen implementou unha política de guerra sucia na rexión. O 29 de novembro de 1957 atacaron causando dúas mortes, entre elas a de Ciro Redondo. O Che resultou ferido (nun pé) do mesmo xeito que Cantinflas e outros cinco combatentes e a base do Hombrito quedou completamente destruída. A columna trasladouse entón ó lugar chamado La Mesa, onde volveron construír a base con toda a súa infraestrutura e pondo ademais en marcha unha radio, Radio Rebelde, que comezou emitir o 24 de febreiro de 1958 e aínda se atopa no ar.

miniatura|200px|dereita|Raúl Castro xunto a Guevara, en 1958. No comezo de 1958 Fidel Castro converteuse no home máis solicitado pola prensa internacional e decenas de xornalistas de todo o mundo ían a Serra Maestra a entrevistalo. Pola súa banda o Che Guevara converteuse no persoeiro central da prensa que defendía a Batista. Evelio Lafferte, un tenente do exército cubano tomado prisioneiro e que logo pasou a integrar a columna do Che recordaba:

O Che entraría en conflito con algúns dirixentes do Movimiento 26 de Julio. Estes considerábano un marxista extremista con demasiada influencia sobre Fidel Castro, e aquel considerábaos "dereitistas" cunha concepción tímida da loita e dispostos a compracer aos Estados Unidos. Filosoviético declarado, escríbelle en 1957 ó seu amigo René Ramos Latour: "pertenzo, pola miña formación ideolóxica, ós que cren que a solución dos problemas de este mundo está detrás do que se chama o pano de aceiro". Confirmábase ademais admirador de Iosif Stalin: "o que non leu os catorce tomos dos escritos de Stalin non pode considerarse como completamente comunista".

A ofensiva de Batista e a creación da Oitava Columna miniatura|dereita|250px|Che Guevara dacabalo en Serra Maestra, 1959