A Regueifa Plataforma foi un netlabel galego que funcionou entre os anos 2006 e 2011, volvendo en marzo de 2022 en forma de plataforma de difusión cultural baixo o nome de A Regueifa Plataforma 2.0.

Historia e características Desde o seu inicio esta plataforma posibilitou a difusión da obra de artistas que traballaban en diversos campos: música, videocreación, fotografía, poesía, pintura, banda deseñada... o único requisito necesario era que o traballo fose dixitalizable. Editou discos de artistas galegos como Projecto Mourente, Fanny + Alexander ou Ataque Escampe, e colaborou na edición do Manifesto Dobarrista.

Edicións musicais Måi - Nigredo (2023) Lucía Aldao - PAVA2 (2022) Fanny & Alexander - A túa ausencia neste ar (2022) Breogán Xague - Breve Noctuario Galego (2022) Fungo & Agasallo - Denantes mortos que vivos (2022) Filloas - Filloas (2022) Clo Plas - Bafi (2022) Raúl Diz - De Córgomo a Fair Oaks (2022) Spezies Invasoras - Spezies Invasoras (2022) Breogán Xague - Xague1 (2022) Holgado - O fillo de Suso (2022) Grampoder - PM (2022)

Edicións fotográficas

Lucía Otero Pazos - Ancoradas (2023) Adolfo Fernández Piñeiro - Passing Place (2022)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de A Regueifa Plataforma 2.0

Categoría:Música de Galicia Categoría:Empresas culturais