miniatura|dereita|Francisco Franco. Esta datación cronolóxica do Franquismo refírese ao réxime político de carácter ditatorial que tivo España dende 1939 ata 1975. Un réxime que mantivo remarcábeis semellanzas con outros réximes existentes nalgúns países de Europa e América, especialmente os réximes italiano e alemán, de corte totalitarista, e que reciben o nome de fascismo e nazismo, respectivamente. Un golpe de estado dado polo xeneral Francisco Franco o 18 de xullo de 1936 contra o goberno lexítimo da Segunda República, fixo estalar unha guerra civil, que ao cabo envorcou no chamado réxime franquista.
Guerra civil 1936-1939 1936 29 de setembro: a Junta de Defensa Nacional nomea a Franco xefe de goberno do Estado Español asumindo así todos os poderes da nación.
1937 19 de abril: creación de FET y de las JONS, que será o partido único do Réxime, unindo organizacións carlistas e falanxistas.
1938 30 de xaneiro: Franco asume oficialmente os cargos de Xefe de Estado e de Goberno. 1 de febreiro: formación do primeiro goberno franquista.
Período autárquico 1939-1953 1939 miniatura|Último parte oficial de guerra escrito polo xeneral Franco. 1 de abril: finaliza a guerra civil española. 7 de abril: Mussolini invade Albania; Franco fai pública a súa adhesión ao Pacto Anticomintern. 19 de maio: Franco preside o desfile da Vitoria en Madrid. 10 de agosto: Franco forma un segundo goberno. 23 de agosto: fírmase o Pacto xermano-soviético. 1 de setembro: Hitler invade Polonia. Comezo da segunda guerra mundial. 4 de setembro: Franco proclama a non-belixerancia de España no conflito mundial. 18 de outubro: Franco abandona Burgos e instálase no Palacio de El Pardo en Madrid. 24 de novembro: Lei pola defensa da industria nacional. 30 de novembro: os soviéticos invaden Finlandia.
1940 1 de abril: Franco inaugura as obras do Val dos Caídos. 12 de xuño: firma a non-belixerancia de España no conflito mundial. 14 de xuño: tropas españolas entran e ocupan Tánxer. 20 de outubro: Franco recibe a Himmler en Madrid. Colaboración das dúas policías. 23 de outubro: entrevista de Franco e Hitler en Hendaia. 6 de decembro: créanse os Sindicatos verticais.
1941 15 de xaneiro: Afonso XIII abdica en favor do seu fillo Xoán de Borbón, conde de Barcelona. 12 de febreiro: entrevista entre Franco e Mussolini en Bordighera. 13 de febreiro: entrevista entre Franco e Pétain en Montpellier. 22 de xuño: os alemáns entran na URSS e o 28 comezan a recrutarse os primeiros voluntarios para a División Azul. 18 de decembro: Franco reconfirma a non-belixerancia de España.
1942 12 de febreiro: encontro de Franco e Salazar, en Sevilla. 22 de febreiro: falecemento de seu pai en Madrid. 17 de xullo: Franco proclama a Lei que instituía as Cortes. 3 de setembro: o ministro Serrano Suñer (seu cuñado) é substituído como Ministro da Gobernación polo xeneral Jordana. 8 de novembro: carta de Roosevelt a Franco, garantíndolle a integridade do territorio español.
1943 6 de febreiro: capitulación alemá en Stalingrado. Marzo: o Opus Dei é recoñecido polo Vaticano como unha institución comunitaria. 17 de marzo: Franco preside a primeira sesión das Cortes. Comezo de xuño: 27 monárquicos escriben a Franco para demandarlle a restauración da monarquía con Xoán de Borbón. 10 de xullo: desembarco de tropas aliadas en Sicilia. 25 de xullo: caída de Mussolini reclamada polo Concello Fascista. 8 de setembro: armisticio con Italia. 25 de setembro: Franco ordena a retirada da División Azul da fronte rusa.
1944 25 de xaneiro: Franco négase a anular os envíos de volframio a Alemaña. 1 de febreiro: os Aliados suspenden os envíos de petróleo a España. 6 de xuño: desembarco aliado en Normandía 25 de agosto: liberación de París. 19 de outubro: grupos antifranquistas recrutados en Francia atravesan os Pireneos. 31 de outubro: Franco recoñece o goberno provisional de Francia.
1945 19 de marzo: Xoán de Borbón fai público o Manifesto de Lausana no cal esixe a retirada do xeneral Franco. 12 de abril: falecemento de Roosvelt. 28 de abril: Mussolini é fusilado polos partisanos. 30 de abril: suicidio de Hitler. 8 de maio: capitulación de Alemaña. 14 de xullo: Franco fai aprobar polas Cortes o "Fuero de los españoles". 20 de xullo: formación dun novo goberno.
1946 1 de marzo: Francia pecha a fronteira con España. 4 de marzo: Franco é condenado por unha declaración en París, en Londres e en Washington. 9 de decembro: manifestación popular de apoio ao réxime de Franco na Praza de Oriente. Nas pancartas pódese ler:"Si ellos tienen ONU, nosotros tenemos dos".Gómez Pérez 1986, p. 27 12 de decembro: a ONU recomenda a retirada dos embaixadores en Madrid. A proposta foi aprobada por 36 países, fronte a 6 en contra e 13 abstencións.
1947 30 de marzo: Franco envia a Carrero Blanco a Estoril para someter a Xoán de Borbón o proxecto de Lei de Sucesión. 6 de xullo: apróbase por referendo, cun 93% de votos a favor, a Lei de Sucesión na Xefatura do Estado, que facía de España un reino.
1948 10 de febreiro: reapertura da fronteira franco-española. 25 de agosto: Franco entrevístase con Xoán de Borbón a bordo do iate Azor. 24 de novembro: os monárquicos firman un acordo en San Xoán de Luz (Francia).
1949 4 de abril: nacemento da OTAN. 3 de setembro: unha escuadra dos Estados Unidos fai escala no porto de Ferrol. 5 de setembro: o rei de Xordania é recibido por Franco.
1950 10 de abril: casamento no Pardo da súa filla Carmen con Cristóbal Martínez Bordiú.Casamento da filla de Franco (11/5/1950) ABC . 16 de xuño: aprobación definitiva pola Santa Sé (Vaticano) do Opus Dei. Agosto: os EUA fan un préstamo a España de 62 millóns de dólares. 25 de setembro: encontro de Salazar con Franco na Coruña. 4 de novembro: as Nacións Unidas anulan a prohibición diplomática para a admisión de España na FAO.
1951 25 de febreiro: Franco ofrece asilo ó mariscal Pétain. 1 de marzo: Franco recibe as cartas credenciais do embaixador dos Estados Unidos. Folga xeral en Barcelona. 19 de xullo: Franco forma un novo goberno onde integra por primeira vez a Carrero Blanco. 26 de xullo: os EUA fan outro novo préstamo de 100 millóns de dólares a España.
1952 15 de abril: Franco entrevístase con Salazar en Ciudad Rodrigo. 16 de maio: retíranse as cartillas de racionamento. 18 de novembro: España é admitida na UNESCO.
1953 15 de maio: Franco recibe a visita do presidente portugués Craveiro Lopes. 27 de agosto: firma do Concordato coa Santa Sé. 26 de setembro: firma do Pacto de Madrid, acordos económico-militares cos EUA.
Do fin da autarquía 1954-1958 1954 29 de decembro: reencontro de Xoán de Borbón e Franco en Las Cabezas de San Juan. 2 de abril: retorno a España dos primeiros prisioneiros da División Azul liberados pola URSS.
1955 5 de outubro: Franco inaugura a fábrica de automóbiles Seat en Barcelona. 1 de novembro: recibe en El Pardo a Foster Dulles. 8 de decembro: España é admitida na ONU. Créanse as Comisións Obreiras clandestinas en Cataluña e en Asturias.
1956 16 de febreiro: o ministro Ruíz Giménez é substituído no ministerio da Educación Nacional. 7 de abril: nas negociacións entre Franco e Mohamed V, España recoñece a independencia de Marrocos.
1957 26 de febreiro: Franco fai entrar no Goberno os primeiros tecnócratas do Opus Dei. 24 de setembro: inaugura o primeiro alto forno en Avilés. Do 22 ao 23 de novembro: unhas tropas irregulares marroquís invaden o territorio de Sidi Ifni, territorio que formaba parte da AOE (África Occidental Española). En decembro, o Sáhara é declarado provincia española.
1958 14 de xaneiro: Ifni é declarado provincia española 17 de maio: Franco presenta nas Cortes os Principios del Movimiento Nacional. Do 8 ao 24 de outubro: estancia de Franco en Barcelona. 28 de outubro: Xoán XXIII é elixido Papa.
Da "tecnocracia" e o "aperturismo" 1959-1975 1959 1 de xaneiro: entra en vigor o Mercado Común. Fidel Castro triunfa en Cuba. 1 de abril: Franco inaugura o Val dos Caídos.Inauguración do Val dos Caidos, Portada do ABC do 2 de abril de 1959 20 de xullo: España é admitida na Organización Europea para a Cooperación Económica. 22 de xullo: Franco anuncia o Plan de estabilización económica. 21 de decembro: recibimento en visita oficial do presidente Eisenhower.
1960 8 de marzo: execución do anarquista Antonio Abad Donoso. 29 de marzo: reencontro por segunda vez de Xoán de Borbón e Franco en Las Cabezas de San Juan. 30 de maio: carta dos 339 cregos vascos aos seus bispos. 26 de setembro: decreto cara a represión da bandidaxe en España.
1961 15 de maio: encíclica Mater et Magistra. 24 de decembro: Franco é vítima dun accidente de caza no Pardo.
1962 9 de febreiro: España demanda a apertura das negociacións co Mercado ComúnDiario ABC do 10 de febreiro de 1962. 4 de maio: Franco decreta o estado de excepción no País Vasco e en Asturias. 14 de maio: voda do príncipe Xoán Carlos coa princesa Sofía de GreciaExemplar do ABC do 15 de maio de 1962.
1963 17 de xaneiro: Franco crea por decreto o salario mínimo garantido. 3 de xuño: falecemento de Xoán XXIII. 21 de xuño: elección de Paulo VI. 4 de decembro: Franco inaugura o túnel do Guadarrama.
1964 O réxime celebra os «25 Anos de Paz»
1965 11 de febreiro: encontro en Córdoba de Franco e de Hassan II, rei de Marrocos. 20 de abril: execución de Julián Grimau, dirixente do PCE. 7 de xullo: formación do seu oitavo goberno, con López Rodó como Ministro sen carteira no Plan de Desenvolvemento Económico. 24 de setembro: Castiella firma a prórroga dos acordos hispanoamericanos, 28 de decembro: I Plan de Desenvolvemento económico e social para catro anos.
1966 17 de xaneiro: catro bombas atómicas estadounidenses caen accidentalmente ao mar en Palomares. 15 de marzo: aprobación da Lei de Prensa e Imprenta de Fraga Iribarne. 22 de novembro: Franco presenta nas Cortes a Lei Orgánica do Estado. 14 de decembro: esta lei é aprobada por referendum por unha gran maioría.
1967 21 de abril: Franco decreta o estado de excepción en Biscaia. 21 de xullo: lei pola liberdade relixiosa. 28 de xullo: Franco destitúe ao xeneral Muñoz Grandes. 21 de setembro: Muñoz Grandes é substituído polo almirante Carrero Blanco como vicepresidente do Goberno.
1968 5 de xaneiro: o príncipe Xoán Carlos chega á maioría de idade constitucional requirida (30 anos). 8 de febreiro: con ocasión do bautizo do infante Filipe, Franco entrevístase en Madrid con Xoán de Borbón. 28 de marzo ata o 6 de maio: peche da Universidade de Madrid. 6 de maio: Franco manda bloquear a entrada por terra en Xibraltar. Comezo dos sucesos de maio en París. 3 de agosto: decreto do estado de excepción en Guipúscoa. 20 de agosto: tropas soviéticas entran en Checoslovaquia. 20 de decembro: Franco manda expulsar a familia carlista de Borbón-Parma.
1969 24 de xaneiro: Franco decreta o estado de excepción sobre todo o territorio nacional. 14 de marzo: comezo do II Plan de Desenvolvemento. 25 de marzo: fin do estado de excepción: supresión da censura previa. 28 de marzo: todos os delitos anteriores ao l de abril de 1939 son declarados proscritos (30 aniversario da vitoria). 15 de abril: falecemento da raíña Vitoria Uxía en Lausana. 22 de xullo: designación do príncipe Xoán Carlos como seu sucesor ao trono.
1970 6 de xuño: Franco recibe a De Gaulle no Pardo, nunha visita privada do expresidente de Francia. 29 de xuño: firma dos acordos comerciais da España-CEE. 27 de xullo: falecemento do presidente de Portugal, Salazar. 6 de agosto: renóvanse os acordos militares hispanoamericanos. 2 de outubro: visita de Nixon. Franco recíbeo en MadridXornal ABC do 3 de outubro de 1970. 3 de decembro: apertura do proceso de Burgos contra dezaseis membros da ETA. 4 de decembro: Franco decreta outra vez o estado de excepción en Guipúscoa. 14 de decembro: decreta a suspensión das regras do habeas corpus. 17 de decembro: Franco é aclamado por unha gran manifestación popular na Praza de Oriente.