dereita|miniatura|Once inicial do CD Choco nun partido da terceira división 2022-23 no campo de Santa Mariña. O Club Deportivo Choco é un equipo de fútbol da vila de Redondela. Foi fundado oficialmente o 14 de abril de 1953, malia que xa no ano 1932 foi fundado un equipo co nome de Choco FC.

Na tempada 2023/24 participará na sexta categoría do fútbol estatal, militando na Preferente Galicia. Ten arredor de 500 socios e disputa os seus enfrontamentos como local no Campo Municipal de Santa Mariña. Na tempada 2014/2015 rematou en cuarta posición na Terceira División, acadando a súa máxima clasificación histórica, e disputando a fase de ascenso á Segunda División B, na que sería eliminado polo Extremadura Unión Deportiva. Na seguinte tempada, o equipo repetiu clasificación, participando por segundo ano consecutivo na fase de ascenso á categoría de bronce.

A orixe do nome deriva do cefalópodo homónimo, reflexo da importancia da pesca nesta vila, na que se celebra desde 1987 a Festa do choco de Redondela, declarada en 2003 Festa de interese turístico de Galicia.

Historia Antecedentes e fundación O Club Deportivo Choco fundouse oficialmente no ano 1956. Porén, existen antecedentes de varios equipos de fútbol que poderían considerarse os predecesores. Despois do Redondela Foot-ball Club, primeiro equipo de fútbol de Redondela do que se ten constancia, e fundado en 1908, existiron varios conxuntos que practicaban este deporte neste concello: o Científico Deportivo de Redondela (1909), o Sporting de Redondela ou a Liga Popular de Redondela (1923).

En 1932 fundouse o club que podería considerarse o precursor do club, a lo menos atendendo á denominación oficial deste. Este club chamouse Choco FC, e disputou o seu primeiro encontro 1932 contra o equipo vigués Llorente, contando nas súas filas con xogadores coma Moisés, Villaverde, “Dempsey”, Pierla e Reigosa entre outros. En abril desde mesmo ano, disputou un derbi local contra o Redondela FC, no que foi derrotado por dous goles a un.

Tras dous anos de fútbol federado, e tras mudar o nome en 1935 a Regojo FC, desapareceu no 1934.

Posteriormente, foron creados outros conxuntos na vila de Redondela: en 1936, o Redondela Sporting Club; en 1944, o CD Redondela, e finalmente en 1947 vólvese formar o Choco FC, desta vez coma equipo non federado. Probablemente este equipo tería disputado partidos amigábeis de xeito non oficial até a fundación oficial do club. Existen rexistros de partidos disputados contra o Adelantado de Porriño e contra o Burgo FC de Pontevedra. Finalmente, a fundación oficial do club produciuse o 14 de abril de 1956.

Década dos 60: a Terceira División Após disputar a súa primeira tempada na Primeira Rexional galega e finalizar no sexto posto, o CD Choco ascende á Preferente Autonómica de Galicia. Na tempada 1959-1960 finaliza 2º e ascende á terceira división, onde se mantería dúas tempadas, até 1962 cando descendeu de novo á Preferente. Na seguinte temporada volveu a ascender, esta vez permanecendo tres tempadas na categoría de bronce, que naquel entón, por non existir a segunda división B, era a terceira categoría de fútbol inmediatamente por debaixo da segunda división. Na tempada 1966/1967 acaba a liga regular en 16º posición, descendendo á Preferente Autonómica.

Anos 80 e 90 Na tempada 79/80, e despois de 14 tempadas, o equipo volve á Terceira División, se ben xa nesta data xa era a cuarta categoría no fútbol español, ao existir a Segunda División B. Non obstante, na tempada 80/81 finaliza de 17º e torna a descender. A partir de aí comezan unha serie de tempadas nas que se sucederon ascensos e descensos por diferentes categorías, até disputar na tempada 95/96 a segunda autonómica e quedar 3º, obtendo a peor clasificación da súa historia.

Século XXI: a etapa dourada na Terceira División A segunda década do século XXI foi a etapa máis próspera e laureada do club. Desde 2012, o Choco xogou durante dez tempadas consecutivas en Terceira División, por aquel entón aída a cuarta categoría do fútbol estatal. Ademais, participou en dúas fases de ascenso á Segunda B.

Durante a década dous 2000, o CD Choco disputou a meirande parte das tempadas na Preferente Autonómica. Non foi até a tempada 2012/2013 que, coa chegada do novo presidente Iván Crespo, acadou o ascenso á Terceira División 33 anos despois da última participación. Ese mesmo ano, ademais, o equipo xuvenil ascendeu á Liga Nacional. Así, o club poñía fin a un convulso período deportivo e económico, no que a entidade acumulaba unha débeda de 80.000 euros. En 2013, ademais, a Escola de Fútbol Base de Redondela fusionouse co CD Choco.

Primeira fase de ascenso a Segunda B

Un ano despois, na tempada 2014/2015 o equipo consolidouse na categoría e finalizou 4º, acadando a maior clasificación da súa historia, permitíndolle acceder á fase de ascenso a segunda división B. Na primeira eliminatoria, enfrontouse á Extremadura UD, sendo apeado nesta rolda polos estremeños cun resultado global de 3-5.

Segunda fase de ascenso

Un ano despois, na tempada 2015/2016, o CD Choco torna a repetir o seu mellor resultado histórico, ao finalizar cuarto na temporada regular. Así, por segundo ano consecutivo, o equipo clasificábase para a fase de ascenso á Segunda División B. O mesmo que acontecera o ano anterior, o equipo redondelán foi emparellado con outro equipo extremeño, desta vez o CD Badajoz.

Na segunda das tres roldas, finalmente, o CD Choco foi eliminado polo Deportivo Aragón, o filial do Real Zaragoza.

Dobre descenso e caída á sétima categoría Após dunha década de grandes resultados deportivos, na tempada 2022/23 o Choco finalizou a tempada regular en Terceira División na posición décimo sexta, o que supuxo o seu descenso de categoría á Preferente galega. Tres tempadas despois, após de varios anos na parte baixa da táboa, o equipo consumou o descenso á Primeira Futgal, a sétima categoría de fútbol.

Uniforme e cores 200px|miniatura|dereita|O vermello e o azul son as cores representativas do CD Choco. O CD Choco viste con camisola e medias vermellas e pantalón azul nos seus partidos como local; e con camisola verde, pantalón branco e medias vermellas nos seus partidos coma visitante. O material deportivo é da marca Warrior, que ten a súa sede de distribución nacional en Redondela.

A cor que tradicionalmente definiu ao CD foi o vermello. Ademais de ser habitualmente a cor do primeiro equipamento do club, é tamén a cor predominante no escudo. Dito escudo está composto por brasón cun fondo vermello, no que se pode apreciar un choco de cor prata na parte central, na que se pode ler a palabra Choco en letras de cor negra. Nos costados do cefalópodo, sobresaen as letras "C" (de Club), "D" (de Deportivo) e "R" (de Redondela).

Estadio 300px|miniatura|left|Estadio de Santa Mariña, con campos de adestramento anexos.

O actual estadio do CD Choco é o Campo Municipal de Santa Mariña. Está situado na saída de Redondela cara a Pontevedra, e nese mesmo campo tamén xogan e adestran os seus equipos de categorías inferiores. Está constituído por herba sintética, e accédese a el a través da Rúa ao Campo de Fútbol, desde a estrada N-550.

Conta cun campo principal con capacidade para 1 000 espectadores. En 2015 instaláronse novas bancadas e habilitáronse accesos para persoas discapacitadas, cun ascensor para chegar aos asentos máis altos.

Ademais do estadio principal, existe un campo de adestramento anexo. A partir de 2013, a area da que estaba constituído foi substituída por herba artificial. As medidas do campo anexo son menores que o campo principal, e só se empregan para adestramentos ou partidos de fútbol 7.

Aínda que non se ten constancia exacta da data da súa construción, sábese que se deseñou para acoller os partidos como local do CD Redondela, club que existiu en Redondela desde 1944 até 1952. A construción do estadio fíxose a base de terra, a meirande parte dela transportada desde o monte da Telleira, probablemente empregando padiolas e carros de cabalos. Ao estar situado nunha marisma, existen testemuñas de anegamento do campo cando se producían mareas vivas.

Datos do club Tempadas en Primeira división: 0 Tempadas en Segunda división: 0 Tempadas en Segunda división B: 0 Tempadas en Terceira división: 16 Tempadas en Preferente Autonómica: 37 Tempadas en 1ª Rexional: 15 Tempadas en 2ª Rexional: 3 Maior número de goles nunha tempada: 100 (1994/95)

Historial nas competicións TempadaCategoríaPosto1954/551ª Aut.6º 10px1955/56Preferente7º1956/57Preferente1º 1957/58Preferente2º 1958/59Preferente4º 1959/60Preferente2º 10px1960/613ª8º 1961/623ª15º 10px1962/63Preferente1º 10px1963/643ª9º1964/653ª7º1965/663ª16º 10px1966/67Preferente4º1967/68Preferente1º1968/69Preferente5º1969/70Preferente5º1970/71Preferente6º1971/72Preferente14º1972/73Preferente16º 1973/74Preferente20º 10px1974/751ª Aut8º1975/761ª Aut3º 1976/771ª Aut3º 1977/781ª Aut1º 10pxTempadaCategoríaPosto1978/79Preferente5º1979/80Preferente5º 10px1980/813ª17º 10px1981/82Preferente12º1982/83Preferente17º1983/84Preferente12º1984/85Preferente13º1985/86Preferente9º1986/87Preferente6º1987/88Preferente13º1988/89Preferente18º 10px1989/901ª Aut2º 1990/911ª Aut11º 10px1991/922ª Aut2º 10px1992/931ª Aut13º1993/941ª Aut16º 10px1994/952ª Aut3º1995/962ª Aut1º 10px1996/971ª Aut3º1997/981ª Aut3º 1998/991ª Aut2º 10px1999/00Preferente18º 10px2000/011ª Aut8º 2001/021ª Aut12º TempadaCategoríaPosto2002/031ª Aut1º 10px2003/04Preferente10º 2004/05Preferente4º2005/06Preferente6º2006/07Preferente8º2007/08Preferente4º 2008/09Preferente8º 2009/10Preferente3º 2010/11Preferente9º2011/12Preferente3º 2012/13Preferente2º 10px2013/143ª6º2014/153ª4º2015/163ª4º2016/173ª10º2017/183ª8º2018/193ª7º2019/203ª5º2020/213ª4º2021/223ª RFEF13º2022/233ª RFEF16º 10px2023/24Preferente3º 2024/25Preferente15º2025/26Preferente15º 10pxTempadaCategoríaPosto2026/271ª Aut

Xogadores Cadro 2025/26 Actualizado a 13 de maio de 2026. 250px|miniatura|dereita|Pablo Couñago xogou no CD Choco na tempada 2013/2014. Posteriormente fichou polo Honka FC finés.

Xogadores de éxito Miñán Rubiñán Germán Muiños Hortas Carlos Dula Pablo Couñago

Adestradores Alén (1988/89) López (1989/90) Luis Poceiro (1989/90) Luis Poceiro (1990/91) Reigosa (1990/91) Reigosa (1991/92) David Otero (1991/92) Roberto (1992/93) Luis Viñas (1992/93) Landa (1992/93) Landa (1993/94) Jose Luis (1993/94) Domingos Abal (1994/95) David Otero (1995/97) Catalán (1997/98) Generoso Muiños (1997/99) Domingos Abal (1999/00) Marcos Montes (1999/00) Generoso Muiños (1999/00) Reigosa (2000/01) Marcos Montes (2000/01) Jose Valtierra (2000/01) Jose Manuel Santos (2001/03) Jose Valtierra (2003/04) Juan Alberto Pereira (2004/05) Jacinto Barreiro (2005/06) Jacinto Barreiro (2006/07) Antonio Gómez Fernández (2007/08) Alex García (2008/09) Antonio Gómez Fernández (2008/09) Julio Álvarez (2009/10) Julio Álvarez (2010/11) Jacobo Montes (2011-2015) Marcos Montes (2015-2018)

Palmarés Torneos nacionais Campionato Galego de Afeccionados (3): 1956–57, 1957–58 e 1962–63. Preferente de Galicia (3): 1953–57, 1962–63 e 1967–68. Primeira Autonómica (2): 1977–78 e 2002–03. Segunda Autonómica (1): 1995–96. Copa Deputación (4): 2014-15, 2015-15, 2015-16, 2016-17.

Outros torneos Campión "Banco de Bilbao" de Ponteareas: 3 (I, III e V edicións).

Recoñecementos Facho de Prata concedido polo xornal Hoja del Lunes de Vigo recoñecendo o seu labor no desenvolvemento e enaltecemento do deporte.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Redondela FS Festa do Choco Ligazóns externas Estatísticas en ceroacero.es

Estatísticas en futbolme.com

Choco Choco Categoría:Deporte en Redondela