Hinwil é un municipio do distrito de Hinwil, no cantón de Zürich, en Suíza. Cunha poboación de 10 830 habitantes no ano 2015, ten unha área de 22,31 km2 e unha densidade de poboación de 490 hab/km2.
Historia O concello actual de Hinwil está formado pola reunión, no 1789, dos catro lugares da parroquia de Hinwill: Hinwil, Ringwil, Wernetshausen e Hadlikon. Mais a historia de Hinwil é máis antiga, atopáronse nela fundacións dunha vila romana do século I, debaixo dunha igrexa medieval.
Automobilismo Neste municipio está localizada unha das bases da escudaría de Fórmula 1 BMW Sauber.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades de Suíza Categoría:Cantón de Zürich