A numismática (do grego antigo: νομισματική, e do hebreo: Numii: moeda e Amastik: Reunión, "reunión de moedas") é unha ciencia auxiliar da historia que estuda as moedas e as medallas. Tamén se lle chama así ao coleccionismo destas pezas.

Numismática clásica miniatura|Os ases foron das pezas que máis circularon en Galicia durante o Imperio Romano miniatura|Billete de peseta (1951) No concepto clásico, a numismática é unha ciencia auxiliar da Arqueoloxía que trata do estudo das moedas e medallas. Esta ciencia pode dar testemuño inestimable dos intercambios e da economía dos pobos, así como da súa historia política, xeográfica, relixiosa etc.

Poucos monumentos arqueolóxicos revisten a importancia dos que estuda a numismática xa que neles gravou o home as súas ideas dominantes e polo mesmo revelan o carácter, os costumes e as vicisitudes históricas que tales monumentos deixáronnos. Intimamente ligadas á numismática atópase a epigrafía, paleografía, simboloxía, iconoloxía e historia da arte, achegando a todas elas a numismática nocións esenciais.

A numismática clásica divídese en dúas partes moi diferentes por máis que frecuentemente vaian unidas nos libros que dela tratan:

a teórica ou doutrinal, que estuda os fundamentos da ciencia, coa nomenclatura, as bases da clasificación e outras xeneralidades. a histórica e descritiva que descende ao estudo do desenvolvemento da moeda nos diferentes pobos do mundo e clasifica e describe as súas distintas emisións monetarias.

Numismática moderna Na acepción moderna do termo, a numismática é o estudo científico do diñeiro en todas as súas variadas formas. Aínda que aos numismáticos se lles caracteriza adoito como estudosos das moedas, a disciplina actual inclúe tamén o estudo doutras formas modernas do diñeiro e moitos aspectos con el relacionados, incluíndo o seu uso, a historia, a xeografía, a arte, a economía, a metalurxia, o procesos de manufactura etc.

Entre outras formas modernas do diñeiro que estuda a numismática estarían o cheque, o papel moeda ou billete, a acción e o bono (escripofilia), a cartón de crédito e a ficha monetaria (monetiformes).

Aínda que en xeral os estudos económicos e históricos do uso e o desenvolvemento do diñeiro están separados do estudo do diñeiro físico que fai a numismática, existe no entanto relación entre ambos; as teorías da orixe do diñeiro dependen da numismática, por exemplo. Neste sentido a numismática xoga un papel importante, xa que a través das moedas (tiradas especiais, cambios de material etc) conseguen descifrarse e comprenderse asedios, motivos reais e imperiais, fluxos económicos etc.

Numismáticos e coleccionistas

Os numismáticos son ás veces diferenciados dos coleccionistas en tanto que os últimos basicamente derivan o seu pracer da simple posesión de obxectos monetarios, mentres que a atención dos primeiros céntrase na adquisición de coñecementos sobre eles. De feito, moitos numismáticos son tamén coleccionistas e algúns coleccionistas mostran interese polo coñecemento dos seus obxectos de colección.

Véxase tamén

Outros artigos Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais Consello Internacional de Numismática Congreso Internacional de Numismática Lista de asociacións numismáticas Exonumia

Ligazóns externas Asociación Numismática Española (ANE) American Numismatic Society (ANS) Foro taller numismático de Objectos y Monedas No Identificados (OMNI) Revista científica de Numismática OMNI Base de Datos de Moedas On-line (WikiMoneda) Digital Library Numis (DLN) Online numismatic library www.tesorillo.com