Santa Mariña de Augas Santas é unha parroquia situada no norte do concello de Allariz. Segundo o INE no 2010 tiña 200 habitantes (93 homes e 107 mulleres).
Situada a 6 quilómetros da vila, limita coas parroquias allaricenses de Folgoso e Os Espiñeiros e cos concellos de Taboadela, Paderne de Allariz e Xunqueira de Ambía. O seu núcleo máis poboado é Santa Mariña de Augas Santas, con 67 habitantes.
Patrimonio histórico Na parroquia está o castro de Armeá, orixinario do século II a.C., no que apareceron dúas estatuas de guerreiros castrexos e un gravado rupestre antropomorfo"O gravado dun guerreiro sorprende na escavación do castro de Armeá", artigo en Cultura galega, 22 de xullo de 2011..
Segundo a tradición aquí foi decapitada no ano 139 a mártir cristiá Mariña de Augas Santas. No mesmo lugar onde foi decapitada erixiuse a igrexa parroquial baixo a súa advocación. A igrexa actual, construción románica de finais do Século XII, posúe tres naves sen cruceiro, con falso triforio no interior, rosetóns na fachada e nas tres ábsidas. É unha ampliación sobre unha máis antiga que se fixo o descubrirse os restos da Santa durante o reinado de Afonso II. O mausoleo da santa sitúase sobre o que se considerou o seu sepulcro. Ten unha lauda lisa sobre a terra, orixinaria do século XVIII. As imaxes son de Santa Mariña no centro e o seu carón Santa Marta e Santa Eulalia. Cabo da igrexa está o pazo de verán do bispo de Ourense.
Na parroquia tamén hai outra capela que quedou a medio construír desde o século XIII, a igrexa da Asunción. Construción heterodoxa vinculada ao Castro de Armeá e ás lendas de Santa Mariña.
Festas O día da ascensión celébrase a procesión dos pendóns e o día de Santa Mariña, 18 de xullo, festéxase a esta santa.
Demografía No período 1999—2010 a poboación de Augas Santas diminuíu 96 persoas (48 homes e 48 mulleres), en porcentaxe iso supón unha caída do 32,43 %.
Augas Santas, evolución da poboación Ano 1999 2003 2007 2010 +/- % Pob. 296 253 222 200 - Fonte: Instituto Galego de Estatística (IGE )
Distribución da poboación nos lugares de Augas Santas en 2010 Lugar Armeá Ducí Laioso Outeiro de Laxe Pazo Pob. 6 11 40 27 1 Lugar Sta.M. de Augas Santas O Souto Tosende Turzas A Vila Pob. 67 19 9 17 3 Fonte: Instituto Galego de Estatística (IGE )
Cultura popular Preto da igrexa parroquial levántase o denominado carballo de Santa Mariña. Vicente Risco contaba (en 1962) que nunca se decotara porque se supón que botará sangue se se fere co machado. Baixo o carballo hai unha pedra que ten a forma dun orella, e crese que a auga que se acumula nos ocos desta pedra é boa contra a xordeira se se lavar con ela os oídos Risco 1962: 409-410..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Augas Santas
Parroquias de Allariz
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Allariz
Bibliografía “Cultura espritual”, en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777). Fariña Busto, F. 2002. Santa Mariña de Augas Santas. Ourense, Grupo Marcelo Macías/Fundación Caixa Galicia (Guías do patrimonio cultural, 7).
Categoría:Parroquias de Allariz Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña