Mataharis é unha película española do ano 2007 dirixida por Icíar Bollaín. Unha das súas protagonistas é a actriz galega María Vázquez, e tamén forman parte do elenco de intérpretes Antonio Durán "Morris" ou Mabel Rivera entre outros.

Argumento Inés, Eva e Carmen traballan nunha axencia de detectives en Madrid. Inés (María Vázquez), infiltrada entre os empregados dunha compañía multinacional, investiga a Manuel (Diego Martín), un directivo da empresa. A investigación colócaa ante un dilema ético.

Eva (Najwa Nimri), que acaba de reincorporarse á axencia logo dunha baixa maternal, descobre que a súa parella Iñaki (Tristán Ulloa) lle oculta algo importante. Carmen (Nuria González), a máis experimentada das tres e cun gris matrimonio, observa e grava o naufraxio conxugal de Sergio (Antonio de la Torre). Desde a axencia de Valbuena, para quen traballan, estas tres profesionais da vixilancia traspasan con frecuencia as fronteiras da intimidade allea, pero ninguén lles preparou para enfrontarse ós seus propios segredos.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Icíar Bollaín