dereita|miniatura|150px|Ronsel do faraón Dyet con Horus e o Serekh.
O Nome de Horus foi o símbolo máis antigo utilizado para representar o título de faraón: un falcón (deus Horus) sobre un serekh co nome do rei, en escritura xeroglífica exipcia.
O serekh xa aparece ao principio da historia exipcia, na Paleta de Narmer. Os reis anteriores á IV dinastía utilizaron principalmente o seu nome de Horus, que aparecía nun serekh (a imitación da fachada dun palacio) co deus Horus situado sobre el.
Sejemib, faraón da dinastía II, cambiou o seu nome por Peribsen, e substituíu a protección do deus Horus pola de Seth, posiblemente por problemas políticos, substituíndo o símbolo de Horus polo do deus Seth. Jasejemuy, o seguinte rei da dinastía II, sitúa sobre a súa serekh a Horus e Seth, xuntos, probablemente para conciliar aos dous grupos enfrontados.
No Imperio Medio de Exipto, as dinastías XI e XII, os faraóns exipcios recibían cinco títulos; engadían ao nome de nacemento outros catro máis cando accedían ao trono. Eran os seguintes: Nome de Horus, Nome de Nebty, Nome de Horus Dourado, Nome de Trono e Nome de nacemento.
Categoría:Antigo Exipto Categoría:Titulatura dos faraóns