Gabón ten unha renda per cápita que é o triplo da de moitas nacións da África subsahariana. Aínda que por unha alta desigualdade nos ingresos unha ampla proporción da poboación é pobre. O país ten grandes reservas de mineral de ferro e de árbores de madeiras moi finas. Outros recursos importantes son o petróleo, o manganeso e o uranio.

A súa pouca poboación, abundantes recursos naturais e o investimento privado estranxeira axudaron a facer de Gabón un dos países máis prósperos da rexión, a pesar de que ten unha taxa de desemprego do 21% (2000).

As súas principais exportacións son o petróleo, a madeira, o manganeso e o uranio, as que se destinan a Francia (62%), Costa do Marfil (7%), Reino Unido (2%) e Países Baixos (2%).

Gabón importa maquinaria agrícola, alimentos, metais, produtos químicos, materiais de construción e equipos de transportes. Os mesmos proveñen de Francia (62%), Costa do Marfil (7%) e o Reino Unido (2%).

A taxa de inflación anual é do 1,5% (2004), o PBI per cápita ascende a 5600 dólares e a débeda externa era de 3.849 millóns de dólares en 2006.

Notas

Gabon Categoría:Gabón