Susanna Tamaro, nada en Trieste o 12 de decembro de 1957, é unha novelista italiana que tamén exerceu de documentalista científica e como asistente de dirección cinematográfica.

Traxectoria Estudou cinematografía en Roma e realizou diversos documentais para a RAI. Susanna comezou a súa carreira no ano 1989 coa novela La testa tra le nuvole gañadora do premio Elsa Morante. Máis tarde en 1991 lanza o seu segundo traballo, un libro de relatos titulado Per voce sola, que a deu a coñecer a un público máis internacional ao ser traducido a diversos idiomas e ser premiada polo Pen Club International. En 1992 lanza o seu primeiro libro de contos para nenos Cuore dei ciccia (Corazón de Ciccia), ao que lle seguirán nos anos posteriores Il cerchio magico (1994), Tobías y el ángel (1998) e Papirofobia (2000).

No ano 1994 aparece Va dove ti porti il cuore (Donde el corazón te lleve), coñecida internacionalmente e traducida a máis de 35 idiomas, á parte de ser levada ao cine no ano 1996 baixo a dirección de Cristina Comencini. En España, esta obra vendeu máis dun millón de exemplares, o cal brindoulle un camiño de éxitos internacionais.

Anima mundi (1997), a súa seguinte obra, tamén logrou conquistar os eloxios do público e da crítica internacional. A esta novela hai que engadir outros libros, como a recompilación de artigos Cara Mathilda. Lettere a un'amica (1998) ou o ensaio Verso casa (1999).

No ano 2001 volve cultivar a narrativa de ficción co libro de relatos Respondimi, que obtén gran repercusión, do mesmo xeito que Più fuoco più vento (2002), Fuori (2003) e Ogni parola é un seme, recompilación de varios ensaios da autora, que se publica no ano 2005.

Ascolta la mia voce aparece no ano 2007 e convértese nun fenómeno editorial. Trátase da segunda parte da súa exitosa novela Va' dove ti porta il cuore.

Obra La testa tra le nuvole: (A cabeza entre as nubes), 1989 Per voce sola (Para unha voz soa), 1991 Cuore di ciccia (Corazón de Ciccia), 1992 Il cerchio magico (O círculo máxico), 1994 Va' dove ti porta il cuore (Onde o corazón te leve), 1994 Anima Mundi (Anima Mundi) (1997) Cara Mathilda. Lettere a un'amica (Querida Mathilda. Carta a unha amiga), 1997 Tobia e l'angelo (Tobías e o anxo), 1998 Verso casa (O misterio e o descoñecido), 1999 Papirofobia (2000) Respondimi (Respóndeme), 2001 Più fuoco più vento (Máis lume, máis vento), 2002 Fuori (Fóra), 2003 Ogni parola é un seme (Cada palabra é unha semente), 2005 Ascolta la mia voce (Escoita a miña voz), 2007 Il grande albero, 2009 Per sempre, 2011 L' isola che c'è. Il nostro tempo, l'Italia, i nostri figli2011 Ogni angelo è tremendo,2013 Via Crucis. Meditazioni e preghiere, 2013(libro electrónico) Un'infanzia: adattamento teatrale di Adriano Evangelisti,2013(libro electrónico) Sulle orme di San Francesco, 2014(libro electrónico) Illmitz, Bompiani, 2014 Salta Bart!, Giunti Junior, 2014 Un cuore pensante, Bompiani, 2015

Véxase tamén

Ligazóns externas Susanna Tamaro (Web Oficial) International PEN

Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores de Italia Categoría:Nados en Trieste Categoría:Nados en 1957