250px|miniatura|Xacobe I, rei de Inglaterra, 1603-1613. Xacobe Carlos Estuardo O nome James tradúcese ao galego como Xacobo/e, Xaime, Iago ou Santiago. No caso dos reis de Escocia e Inglaterra que levaron ese nome tradúcese como Xacobo/e., nado en Edimburgo o 19 de xuño de 1566 e finado en Theobalds House o 27 de marzo de 1625, foi rei de Escocia como Xacobe VI desde o 24 de xullo de 1567 ata a súa morte, e rei de Inglaterra e Irlanda como Xacobe I desde o 24 de marzo de 1603 ata a súa morte.
Proclamado rei cun ano de idade, unha serie de rexentes gobernaron no seu nome durante a súa minoría de idade, ata que esta terminou oficialmente en 1578, aínda que non obtivo o verdadeiro control do aparello do Estado ata 1581.Stewart, p. 47; Croft, p. 16; Willson, pp. 29-31. En 1603 sucedeu no trono de Inglaterra e Irlanda á última Tudor, Isabel I, que morreu sen descendencia.Os dereitos de Xacobe ao trono inglés, como bisneto de Henrique VII, eran con moito superiores aos de calquera outro. Con todo, por vontade de Henrique VIII deixouse de lado á liña escocesa da súa irmá Margarida Tudor en favor da súa irmá menor, María Tudor, duquesa de Suffolk. Stewart, pp. 159-161; Willson, pp. 138-141. Rexeu conxuntamente Inglaterra, Escocia e Irlanda por espazo de 22 anos, ata a súa morte aos 58.Tras a unión persoal das tres coroas, Xacobe foi o primeiro en pretender titularse Rei de Gran Bretaña, atopándose coa oposición dos parlamentos de Inglaterra e Escocia, que consideraban o título carente de tradición e base legal. Croft, p. 67; Willson, pp. 249–52.
Aínda que gobernou con acerto en Escocia, atopouse con grandes dificultades en Inglaterra,Para un sumario das diferentes interpretacións que fixeron os historiadores dos reinados de Xacobe en Escocia e Inglaterra, convén consultar a introdución da obra King James, de Pauline Croft. A investigacións máis recentes puxeron énfases nos éxitos de Xacobe en Escocia, aínda que ata a este respecto hai desconformes, como o historiador Michael Lynch. Tamén hai unha tendencia a valorar máis os éxitos de Xacobe nos comezos do seu reinado en Inglaterra. Croft, pp 1–9. incluíndo o soado "Complot da Pólvora" en 1605 e sucesivos conflitos co Parlamento, que lle era hostil, especialmente no tocante á subida de impostos. De acordo a unha tradición historiográfica iniciada a mediados do século XVII, a política absolutista de Xacobe, a súa irresponsabilidade financeira e os favores outorgados a favoritos impopulares sentaron as bases da Guerra Civil Inglesa, durante a cal foi axuizado e executado o seu fillo e sucesor, Carlos I.Durante os últimos tres séculos, a reputación de Xacobe sufriu por causa das acedas descricións que del fixo Sir Anthony Weldon, ao que Xacobe despedira do seu servizo, que se dedicou a escribir contra el na década de 1650. "A miúdo agudo e perceptivo, pero tamén prexuízoso e inxurioso, a súa condición de testemuña presencial dos feitos e lectura amena e compulsiva levou a demasiados historiadores a consideralo axiomático". Croft, pp. 3-4. Outros influentes historiadores contrarios a Xacobe durante este período foron: Sir Edward Peyton, Divine Catastrophe of the Kingly Family of the House of Stuarts (1652); Arthur Wilson, History of Great Britain, Being the Life and Reign of King James I (1658); e Francis Osborne, Historical Memoirs of the Reigns of Queen Elizabeth and King James (1658). Vide Lindley, p. 44, para máis información sobre a influencia exercida polos historiadores da Commonwealth e a tradición de retrotraer os erros de Carlos I ao reinado do seu pai. Con todo, en vida do monarca, a situación política de Inglaterra e de Escocia foi relativamente estable, e os historiadores contemporáneos consideran a Xacobe un soberano intelixente e reflexivo.Croft, p. 6; Smith, p. 238.
Durante o seu reinado continuou a "Era Dourada" do drama e a literatura sabelinos, con grandes escritores como William Shakespeare, John Donne, Ben Jonson e Francis Bacon, aos que o rei patrocinou, contribuíndo ao florecemento cultural.Milling, p. 155. Apaixonado pola teoloxía, o rei ordenou a tradución da Biblia que leva o seu nome, a King James, que aínda é a oficial da Igrexa Anglicana. Probablemente xamais houbo tal concentración de talento literario baixo padroado da Coroa inglesa. O propio Xacobe era un erudito de considerable talento, autor de poesía, traducións e un tratado sobre poesía, así como obras condenando a bruxería e o tabaco (Daemonologie Demonoloxía, en forma de diálogo ; versión online na páxina web da Biblioteca Folger Shakespeare (Washington, DC) e A Counterblaste to Tobacco ), meditacións e comentarios sobre as Sagradas Escrituras, obras de teoría política (The True Law of Free Monarchies e Basilikon Doron ), e discursos para o Parlamento. Sir Anthony Weldon afirmou que Xacobe fora chamado "o bobo máis sabio da Cristiandade", e desde entón asociouse o epíteto a este monarca.Un home moi sabio dixo unha vez que se consideraba "o bobo máis sabio da Cristiandade", pois aínda considerándose un sabio nas cousas miúdas, sabíase un bobo nos asuntos de peso. Sir Anthony Weldon (1651), The Court and Character of King James I, citado por: Stroud, p. 27; A etiqueta do "bobo máis sabio da Cristiandade', é a miúdo atribuída a Henrique IV de Francia, pero posiblemente foi acuñada por Anthony Weldon, e recolle con precisión as paradoxais calidades de Xacobe. Smith, p. 238.
Primeiros anos Nacemento miniatura|dereita|Xacobe VI de Escocia durante a súa nenez Xacobe foi o único fillo de María I Estuardo, raíña de Escocia, e do seu segundo marido, o aloucado, covarde e pretensioso Henrique Estuardo, duque de Albany, máis coñecido como Lord Darnley. Descendía directamente do rei Henrique VII de Inglaterra a través da súa bisavoa Margarida Tudor, filla deste monarca e irmá de Henrique VIII.Margarida Tudor foi a nai de Margarida Douglas, a futura condesa de Lennox e nai de Lord Darnley. Tamén era avoa de María Estuardo, a través do seu fillo Xacobe V de Escocia. Guy, p 54. O dominio de María Estuardo sobre Escocia foi inseguro, tanto para ela como para o seu marido, e por ser católicos atopáronse cunha rebelión dos nobres protestantes. O seu matrimonio foi particularmente turbulento, en boa parte grazas aos celos patolóxicos de Darnley.Guy, pp. 236–7, pp. 241–2, p. 270. Mentres María Estuardo estaba embarazada do futuro Xacobe VI, Lord Darnley aliouse en segredo cos rebeldes e fixo asasinar dun xeito salvaxe, e en presenza da súa raíña e esposa, ao secretario e favorito desta, o cortesano italiano David Rizzio.Guy, pp. 248–50.
Xacobe naceu o 19 de xuño de 1566 no Castelo de Edimburgo, converténdose automaticamente en duque de Rothesay e príncipe e alto senescal de Escocia, como herdeiro da Coroa. Foi bautizado co nome de Xacobe Carlos, en honra ao seu padriño, o rei Carlos IX de Francia, polo que posteriormente sería o primeiro monarca británico en ter máis dun nome. Isabel I de Inglaterra, como madriña in absentia, enviou unha magnífica fonte de ouro como agasallo de bautizo.Croft, p. 11.
Lord Darnley e o seu amante daquel entón foron asasinados o 10 de febreiro de 1567 ao voar polo aire a súa residencia de Kirk O'Field, a casa dos Hamilton en Edimburgo. Parece ser que foi a vinganza da raíña por asasinar ao seu belo e caprichoso favorito. O matrimonio de María o 15 de maio do mesmo ano con James Hepburn, conde de Bothwell, que era o máis evidente sospeitoso do asasinato do duque de Albany, fixo aumentar as sospeitas e a súa impopularidade.Isabel I de Inglaterra escribiu a María: O historiador John Guy conclúe non obstante que xamais se atopou unha evidencia sen manipular que demostre que María Estuado sabía algo do plan para asasinar a Darnley. Guy, pp. 312-313. Para David Harris Willson, en cambio, está fóra de dúbida que Bothwell foi o asasino, e case igual de probable que a raíña fose a súa cómplice. Willson, p 18. En xuño de 1567, os rebeldes protestantes arrestaron a María e encarcerárona no Castelo de Loch Leven; nunca volveu ver ao seu fillo. Foi obrigada a abdicar o 24 de xullo en favor do infante Xacobe, e a nomear ao seu medio irmán ilexítimo, Xacobe Estuardo, conde de Moray, como rexente.Guy, pp. 364–5.
Rexencias O coidado de Xacobe foi confiado ós condes de Mar (John Erskine, XVII conde de Mar), para ser protexido, criado e educadoCarta de María Estuardo a Mar, 29 de marzo de 1567: Citada por: Stewart, p. 27. na seguridade do Castelo de Stirling.Willson, p. 18; Stewart, p. 33. O neno foi solemnemente coroado aos 13 meses de idade como Xacobe VI de Escocia na igrexa de Holyrood, no castelo de Stirling, o 29 de xullo de 1567. O sermón correu a cargo do calvinista xenebrino John Knox. E aínda que o monarca fora bautizado católico, de acordo aos ditados da clase dirixente foi educado na máis severa disciplina calvinista, e convertido en membro da Igrexa de Escocia. A súa educación foi supervisada polo historiador e poeta George Buchanan, un home provisto da debida ciencia e erudición para educar a un príncipe, pero, á vez, un personaxe áspero e intolerante, un republicano fatigoso e tenso, cheo de ávidas virtudes, que odiaba á familia do seu discípulo e, máis que probablemente, ao seu propio discípulo. Aínda que o someteu a regulares malleiras, tamén lle deu unha educación notable e inspiroulle unha paixón pola literatura e o saber que duraría toda a súa vida.Croft, pp. 12–13.
En 1568, María Estuardo fuxiu da súa prisión, o que conduciu a un breve período de violencia. O conde de Moray derrotou ás súas tropas na Batalla de Langside, forzándoa a fuxir a Inglaterra, onde foi encarcerada pola súa curmá a raíña Isabel. O 22 de xaneiro de 1570 Moray foi asasinado por James Hamilton de Bothwellhaugh, sendo substituído polo avó paterno do novo rei Xacobe, Mateo Estuardo (IV conde de Lennox), que foi fatalmente ferido ao ano seguinte nun ataque de simpatizantes de María.Croft, p. 13. O seu sucesor na rexencia, John Erskine (I conde de Mar), morreu o 28 de outubro de 1572 por mor dunha misteriosa enfermidade tras acudir a un banquete na leira de James Douglas (IV conde de Morton), o máis poderoso dos nobres escoceses, aínda máis que os propios rexentes. Morton, que sucedeu a Mar, demostrou ser o máis eficaz dos rexentes de Xacobe en todos os aspectos, derrotando ademais ás familias que continuaban apoiando a María,Stewart, p. 45; Willson, pp. 28–29. pero fixo moitos inimigos pola súa rapacidade.Croft, p. 15.
A caída de Morton non foi causada polos partidarios de María, senón polos cortesáns máis próximos ao rei, que impresionaron ao novo monarca falándolle do grao dos seus deberes reais, animándolle a que tomase o control do reino nas súas mans. Morton perdeu o favor rexio coa chegada a Escocia do francés Esmé Estuardo, Sieur d'Aubigny, curmán do defunto Lord Darnley e futuro conde de Lennox, que se converteu rapidamente no primeiro dos poderosos favoritos do rei.Stewart, pp 51–63; Ao longo da súa vida Xacobe tivo relacións tan estreitas con homes da súa Corte, que os historiadores especularon e debateron por extenso sobre a súa orientación sexual: A evidencia da súa correspondencia e testemuños contemporáneos levou a algúns historiadores a concluír que o rei era homosexual ou bisexual. Pero, de feito, esta conclusión non está clara. Bucholz, p. 208; En Basilikon Doron, Xacobe citaba a sodomía entre os crimes "que en conciencia nunca poderán perdoarse". Sharpe, p 171; "O mesmo patrón de conduta de repetiu con estes homes [Carr e Villiers] como anteriormente fora o caso con Esmé Estuardo. A evidencia suxire que ambos tiveron unha relación física co seu soberano." Barroll e Ceresano (ed), p 239.