Xulia Drusa (latín clásico: IVLIA•DRVSI•CAESARIS•FILIAE. Groag, A. Stein, L. Petersen - e.a. (edd.), Prosopographia Imperii Romani saeculi I, II et III (PIR), Berlín, 1933 - I 636, 5 - 43) foi a filla de Xulio César Druso e Livila, e neta do emperador romano Tiberio. Foi executada cara ao 43 d.C.
Cronoloxía Cando morreu o emperador Augusto no ano 14 Xulia estaba enferma. Augusto preguntoulle á súa dona Livia, antes de el morrer se estaba recuperada Suetonio, Vita Augusti, 99.
No 20 d.C, Xulia casou co seu primo, Nerón César (o fillo de Xermánico e Agripina Maior). O matrimonio parece que non foi feliz, e caeu vítima das maquinacións de Seiano, garda palatino, quen explotou a súa relación con Livila para conspirar contra a familia de Xermánico. En palabras de Tácito: "seu loqueretur seu taceret iuvenis, crimen ex silentio, ex voce. ne nox quidem secura, cum uxor vigilias somnos suspiria matri Liviae atque illa Seiano patefaceret." Tácito, Anais 4.60.
Máis tarde, no ano 29, debido ás intrigas de Seiano, e á insistencia de Tiberio, Nerón e Agripina foron acusados de traizón. O Senado declarou inimigo público a Nerón, encadeado e encarcerado na illa de Pontia (Ponza), o ano seguinte foi executado ou obrigado a suicidarse. Dión CasioDión Casio, 58.3.9 afirma que Xulia tiña unha relación con Seiano, o que contradí Tácito. Tiberio ordenou apresar e executar a Seiano o 18 de outubro do ano 31.
No ano 33, Xulia casou con Gaius Rubellius Blandus, dunha familia de equites que fora cónsul do ano 18 e máis tarde próconsul en África Raepsaet-Charlier, Prosopographie des femmes de l'ordre sénatorial, p. 89. Tiveron como descendencia a Rubellius Plautus (33-62) (cf. Raepsaet-Charlier, p. 89) e Rubellia Bassa que casou cun tío materno do futuro emperador Nerva. Xuvenal, en Sátira VIII.39, suxire outro fillo, tamén de nome Gaius Rubellius Blandus. Segundo unha inscrición, Xulia puido ser a nai dun tal Rubellius Drusus Prosopographia Imperii Romani R 83.
Sobre o ano 43 un axente da muller do emperador Claudio, Valeria Mesalina, acusouna falsamente de incesto e inmoralidade. O emperador, seu tío Claudio, sen oír calquera defensa da súa sobriña, executouna 'pola espada' (Octavia 944-6: "ferro... caesa est"). Ela puido anticiparse á execución quitándose a vida Barrett, Agrippina, pp. 87; 104. .
Robert Graves Nas novelas de Robert Graves Eu Claudio e Claudio o Deus Xulia aparece como Helena ou Helena a Comellona. Non obstante, ela non tivo nunca reputación de comellona.
Notas
Véxase tamén Bibliografía E. Klebs, H. Dessau, P. Von Rohden (edd.), Prosopographia Imperii Romani, 3 vol., Berlin, 1897-1898. (PIR1) E. Groag, A. Stein, L. Petersen - e.a. (edd.), Prosopographia Imperii Romani saeculi I, II et III, Berlin, 1933 - . (PIR2) Raepsaet-Charlier M.-Th., Prosopographie des femmes de l'ordre sénatorial (Ier-IIe siècles), 2 vol., Louvain, 1987, 360 ff; 633 ff. Lightman, Marjorie & Lightman, Benjamin. Biographical Dictionary of Greek and Roman Women. Nova York: Facts On File, Inc., 2000. Levick, Barbara, Claudius. Yale University Press, New Haven, 1990. Barrett, Anthony A., Agrippina: Sex, Power and Politics in the Early Roman Empire. Yale University Press, New Haven, 1996.
Categoría:Imperio Romano Categoría:Nados en 5 Categoría:Finados en 43