Isaac Newton, nado en Woolsthorpe, Lincolnshire, o 25 de decembro de 1643 (día de Nadal de 1642 segundo o calendario xuliano) e finado en Londres o 31 de marzo de 1727, foi un físico, matemático, astrónomo, alquimista, teólogo e autor inglés (descrito na súa época como un "filósofo natural") amplamente recoñecido como un dos os máis grandes matemáticos e físicos de todos os tempos e entre os científicos máis influentes. Foi unha figura clave na revolución filosófica coñecida como Ilustración. O seu libro Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica (Principios matemáticos da filosofía natural),G. E. Smith, "Newton's Philosophiae Naturalis Principia Mathematica", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Winter 2008 Edition), E. N. Zalta (ed.). publicado por primeira vez en 1687, estableceu a mecánica clásica. Newton tamén fixo contribucións fundamentais á óptica, e comparte crédito co matemático alemán Gottfried Wilhelm Leibniz por desenvolver o cálculo infinitesimal.

Nos Principia, Newton formulou as leis do movemento e da gravitación universal que formaron o punto de vista científico dominante ata que foi substituída pola teoría da relatividade. Newton utilizou a súa descrición matemática da gravidade para derivar as leis de Kepler do movemento planetario, dar conta das mareas, as traxectorias dos cometas, a precesión dos equinoccios e outros fenómenos, erradicando a dúbida sobre a heliocentricidade do Sistema Solar. Demostrou que o movemento dos obxectos na Terra e os corpos celestes poderían ser explicados polos mesmos principios. A inferencia de Newton de que a Terra é un esferoide oblato foi confirmada máis tarde polas medicións xeodésicas de Maupertuis, La Condamine e outros, convencendo á maioría dos científicos europeos da superioridade da mecánica newtoniana sobre os sistemas anteriores.

Newton construíu o primeiro telescopio reflector práctico e desenvolveu unha sofisticada teoría da cor baseada na observación de que un prisma separa a luz branca nas cores do espectro visible. Os seus traballos sobre a luz foron recollidos no seu influente libro Opticks, publicado en 1704. Tamén formulou unha lei empírica de arrefriado, realizou o primeiro cálculo teórico da velocidade do son e introduciu a noción de fluído newtoniano. Ademais dos seus traballos sobre o cálculo, como matemático Newton contribuíu ao estudo das series de potencias, xeneralizou o teorema do binomio a expoñentes non enteiros, desenvolveu un método para aproximar as raíces dunha función, e clasificou a maioría das curvas cúbicas planas.

Newton foi membro do Trinity College e o segundo profesor lucasiano de matemáticas da Universidade de Cambridge. Era un cristián devoto pero pouco ortodoxo que rexeitaba en privado a doutrina da Trindade. Negouse a recibir as ordes sacras na Igrexa de Inglaterra a diferenza da maioría dos membros da facultade de Cambridge da época. Máis aló do seu traballo nas ciencias matemáticas, Newton dedicou gran parte do seu tempo ao estudo da alquimia e da cronoloxía bíblica, pero a maior parte do seu traballo nesas áreas permaneceu inédito ata moito despois da súa morte. Vinculado política e persoalmente aos partido Whig, Newton exerceu dous breves mandatos como Membro do Parlamento pola Universidade de Cambridge, en 1689-1690 e 1701-1702. En 1705 foi nomeado cabaleiro pola raíña Ana de Gran Bretaña e pasou as tres últimas décadas da súa vida en Londres, onde foi mestre da Casa da Moeda (1696-1699) e director da Casa da Moeda (1699-1727), así como presidente da Royal Society (1703-1727).

Traxectoria Primeiros anos Isaac Newton naceu (segundo o calendario xuliano en uso en Inglaterra naquel momento) "unha ou dúas horas despois da medianoite" do 25 de decembro de 1642, día de Nadal (4 de xaneiro de 1643 no calendario gregoriano)Westfall, páx. 25. na aldea de Woolsthorpe-by-Colsterworth do condado de Lincolnshire. O seu pai, un campesiño puritano o igual que súa nai, tamén chamado Isaac Newton, morrera tres meses antes. O parto foi prematuro aparentemente e naceu tan pequeno que ninguén pensou que lograría vivir moito tempo,; a súa nai Hannah Ayscough dixo que podería caber dentro dunha cunca de cuarto de galón. A súa vida correu perigo polo menos durante unha semana. Foi bautizado o 1 de xaneiro de 1643, 12 de xaneiro no calendario gregoriano.Westfall, páx. 30. miniatura|upright|esquerda|Woolsthorpe Manor, a antiga casa de Isaac Newton e en primeiro plano a maceira entendida como a famosa árbore que o inspirou na teoría da gravidade. A casa onde naceu e viviu ata a súa mocidade sitúase no lado oeste do val do río Witham, máis abaixo da meseta de Kesteven, en dirección á cidade de Grantham. É de pedra calcaria gris, o mesmo material que se atopa na meseta. Ten forma dunha letra T grosa en cuxo trazo máis longo atópanse a cociña e o vestíbulo, e a sala áchase na unión dos dous trazos.Westfall, páx. 35.A súa entrada é descentrada e sitúase entre o vestíbulo e a sala, e oriéntase cara ás escaleiras que conducen aos dous dormitorios do piso superior.

Cando Newton tiña tres anos, a súa nai volveu casar e foi vivir co seu novo marido, o reverendo Barnabas Smith, quen non tiña intención de cargar cun neno alleo de tres anos, deixando ao seu fillo ao coidado da súa avoa materna, Margery Ayscough (de soltera Blythe), este foi posiblemente un feito traumático para Isaac; constituía a perda da nai non coñecendo ao pai. Á súa avoa nunca lle dedicou un recordo cariñoso e ata a súa morte pasou desapercibida. O mesmo ocorreu co avó, que pareceu non existir ata que se descubriu que tamén estaba presente na casa e correspondeu ao afecto de Newton da mesma forma: desherdouno.Westfall, páx. 34. A Newton non lle gustaba o seu padrasto e mantivo certa inimizade cara á súa nai por casar con el, tal e como revela esta entrada nunha lista de pecados cometidos ata os 19 anos: "Ameazar o meu padrasto Smith e a miña nai con queimar a casa con eles dentro". Fíxoo nove anos despois do falecemento do padrasto, o que comproba que a escena quedou gravada no recordo de Newton. As accións do padrasto, que se negou a levalo a vivir con el ata que cumpriu dez anos, poderían motivar este odio. A nai de Newton tivo tres fillos máis (Mary, Benjamin e Hannah) do seu segundo matrimonio.

Cando Barnabás Smith faleceu, a súa nai regresou ao fogar familiar acompañada por dous fillos deste matrimonio, os seus medio irmán, pero a unión familiar durou menos de dous anos. Desde os doce anos ata os dezasete, Isaac foi enviado a estudar ao colexio The King's School en Grantham. O que se sabe desta etapa é que estudou latín, algo de grego e o básico de xeometría e aritmética."Newton the Mathematician" Z. Bechler, ed., Contemporary Newtonian Research(Dordrecht 1982) pp. 110–111 Era o programa habitual de estudo dunha escola primaria nese entón. O seu mestre foi Henry Stokes, que tiña bo prestixio como educador.Westfall, páx. 36. En outubro de 1659 foi retirado da escola e volveu a Woolsthorpe-by-Colsterworth. A súa nai, viúva por segunda vez, intentou facelo labrego, unha ocupación que el odiaba. Stokes, convenceu á súa nai para que o enviase de volta á escola. En 1659 comprou un caderno, chamado nese entón libro de peto, en cuxa primeira páxina escribiu en latín «Martij 19, 1659» (19 de marzo de 1659). Representaba o período entre 1659 e 1660, que coincidía co período do seu regreso á súa cidade natal, e a maior parte dos seus escritos están dedicados a «Utilissimum prosodiae supplementum». Anos despois, na colección Keynes do King's College atópase unha edición de Píndaro coa firma de Newton e datada en 1659. Na colección Babson aparece unha copia das Metamorfoses de Ovidio datadas ese mesmo ano.Westfall, páx. 36.

Os estudos primarios foron de grande utilidade para Newton; os traballos sobre matemáticas estaban escritos en latín, do mesmo xeito que os escritos sobre filosofía natural, e posteriormente permitíronlle entrar en contacto cos científicos europeos. A aritmética básica dificilmente compensaría un nivel deficiente de latín.Westfall, páx. 37. Nesa época outra materia importante era o estudo da Biblia e líase en linguas clásicas apoiando o programa clásico de estudos e ampliando a fe protestante de Inglaterra. No caso de Isaac, o estudo deste tema, unido á biblioteca que herdou do seu padrasto, púidolle facer iniciar unha viaxe á teoloxía.

Na súa estadía en Grantham hospedouse na casa de Sr. Clark, na rúa High Street, xunto á George Inn. Tiña que compartir o fogar xunto a outros tres nenos, Edward, Arthur e unha nena, fillos do primeiro esposo da muller de Sr. Clark. Pola infancia que tivo, Isaac parecía non conxeniar con outras persoas da súa idade. O crecer nun ambiente de illamento cos seus avós e a posible envexa que lle causaba aos seus pares a súa superioridade intelectual o que provocáballe dificultades e levábao a realizar travesuras varias que despois negaba facer.Westfall, páx. 37. Un dos seus amigos, William Stukeley, dedicouse a reunir información sobre Newton na súa estancia en Grantham e concluíu que os nenos o atopaban demasiado astuto e pensaban que se aproveitaba deles debido á súa rapidez mental, moi superior á deles.

Ademais estas anécdotas demostraron que Newton aparentemente prefería a compañía feminina. Para a súa amiga Catherine Storer, varios anos máis novo que el, construíu mobles de bonecas utilizando ferramentas con moita habilidade. Ademais no terreo das suposicións puido haber un romance entre os dous mozos cando foron maiores. Segundo os rexistros coñecidos, puido ser a primeira e posiblemente a única e última experiencia romántica cunha muller na súa vida. Tempo despois a señorita Storer casou cun home apelidado Vincent e lembraba a Newton como un mozo silencioso e pensativo.Westfall, páx. 58.

Tivo un incidente cun compañeiro que posiblemente fose Arthur Storer. Este deulle unha patada no estómago, supostamente como represalia a algunha broma pesada de Newton. Este non puido esquecer nunca este feito; neste tempo non puidera afirmar o seu poder intelectual, por mor da deficiente formación escolar ou porque novamente estaba só e asustado. Estaba relegado ao último banco. Segundo o relato de Conduitt, nin ben finalizou a clase, Newton retou a unha pelexa ao outro neno no patio da igrexa para devolverlle o golpe. O fillo do mestre achegouse a eles e encirrou a pelexa palmeándolle as costas a un e choscándolle o ollo ao outro. Aínda que Newton non era tan forte como o seu rival tiña maior decisión e golpeou ao outro ata que se rendeu e declarou que non pelexaría máis. O fillo do mestre pediulle a Isaac que o tratase como a un covarde e refregáselle o nariz contra a parede. Entón Isaac agarrouno das orellas e golpeou a súa cara contra un dos lados da igrexa.Westfall, páx. 38.

Ademais de gañarlle na pelexa, Newton esmerouse en derrotalo academicamente e converteuse no primeiro alumno da escola. E ademais foi gravando o seu nome en todos os bancos que ocupou segundo avanzaba nos estudos. Aínda se conserva un peitoril de pedra co seu nome.Westfall, páx. 38. Nesa época distinguiuse principalmente pola construción de reloxos de sol e maquetas de muíños de vento.

En xuño de 1661, foi admitido no Trinity College de Cambridge, por recomendación do seu tío o reverendo William Ayscough, que estudara alí. Comezou como subsizar)—pagando a súa carreira desempeñando os deberes de servizo ata que en 1664 lle concederon unha bolsa de estudos, garantíndolle catro anos máis ata que puidese obter o seu MA. Nesa época as ensinanzas da facultade estaban baseadas nas de Aristóteles, a quen Newton complementou con filósofos modernos como Descartes e astrónomos como Galileo e Thomas Street, a través dos cales coñeceu a obra de Kepler. Fixo no seu caderno unha serie de "Quaestiones" sobre a filosofía mecánica tal e como a atopou.

Binomio de Newton