Lomaiviti é un arquipélago que comprende unha das catorce provincias da República de Fiji, chamada provincia de Lomaiviti, localizada na División do Leste. Conformada por sete illas principais e unha serie de outras máis pequenas, abarca unha superficie total de 411 km² e conta cunha poboación de 15.657 habitantes (2017). A cidade máis grande, cunha poboación de 1.131 habitantes, é Levuca, que foi a primeira cidade moderna de Fiji e serviu de capital entre 1871 e 1877.
Notas
Categoría:Illas de Fiji Categoría:Illas do Pacífico