Urbano Lugrís Vadillo, nado en Vigo o 8 de maio de 1942 e finado na Coruña o 1 de febreiro de 2018 , foi un pintor galego.

Traxectoria Fillo de Urbano Lugrís González, unha das grandes figuras da arte galega do século XX, viviu en Vigo ata os oito anos. Despois trasladouse coa familia á Coruña, pero tamén pasou amplas estadías en Madrid e en Castela, de onde viña a familia da nai.

Estudou a carreira de Náutica, e fíxose oficial de máquinas da mariña mercante, profesión que empezou a exercer ao mesmo tempo coa pintura. Continúa profesionalmente vinculado ao mar ata 1971, cando se dedica xa plenamente á pintura.

Comezou a expor moi novo en cidades de Galiza, e a recibir galardóns, a partir do ano 1962. As súas mostras estendéronse a Madrid e Cataluña, onde goza de gran prestixio, saltando así mesmo as fronteiras españolas para ir a Europa e América. Está representado en museos de Galiza e en coleccións particulares. A pintura de Lugrís Vadillo Lugrís abala entre o hiperrealismo e o surrealismo.

Tivo dous fillos: Urbano Lugrís Armesto e Victoria Lugrís Armesto.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Mon, Fernando: Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Gaixa Galicia, 1987. Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caixavigo, 1981. VV. AA.: Urbano Lugrís. Xunta de Galicia. Concello da Coruña, 1989. Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes