O 16 de xuño é o 167º día do ano do calendario gregoriano e o 168º nos anos bisestos. Quedan 198 días para finalizar o ano.
Acontecementos miniatura|300px|16 de xuño de 1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Risco, Ramiro Isla, Leuter González, Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xoán L. Ramos Colemán e Manuel Peña Rei. 1809 - Guerra da Independencia española: batalla de Elviña, na que as tropas francesas derrotan á británicas, falecendo o seu xeneral, John Moore. 1846 - Pío IX é escollido Papa. 1940 - Instálase un goberno comunista en Lituania. 1940 - Philippe Pétain, primeiro ministro de Francia. 1976 - As manifestacións dos habitantes de Soweto, un poboado de Xohanesburgo, provocadas pola miseria e o paro, dexeneran en violentos enfrontamentos. 1989 - Stephen P. Synnott e Bradford A. Smith descobren a lúa do planeta Neptuno, Proteo, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2; a data outorgada ó descubrimento é unha "especie de media", xa que no anuncio do descubrimento da lúa feito por estes dous astrónomos o 7 de xullo do 1989 (IAUC 4806), falaban só de 17 fotogramas tomados ó longo de 21 días, o cal coloca a data inicial do descubrimento algúns días antes do 16 de xuño.
Nacementos miniatura|100px|Giovanni Boccaccio 1142 - Emperador Konoe, emperador nipón (m. 1155). 1313 - Giovanni Boccaccio, escritor e poeta italiano (m. 1375). 1801 - Julius Plücker, matemático alemán (m. 1868). 1823 - Xerónimo, xefe dos indios chiricahuas de Norteamérica. 1874 - Arthur Meighen, político canadense (m. 1960). 1875 - José Martínez de Velasco, avogado e político español (m. 1936). 1876 - José Goyanes Capdevila, médico galego (m. 1964). 1878 - Albert Thomas, político francés (m. 1932). 1890 - Stan Laurel, O Fraco, actor británico de cine cómico, que con Oliver Hardy protaganizaban a parella cómica "O gordo e o fraco". 1897 - Georg Wittig, químico alemán (m. 1987). 1902 - Barbara McClintock, xenetista estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1983. 1910 - Juan Velasco Alvarado, militar e político peruano (m. 1977). 1938 - Joyce Carol Oates, escritora estadounidense. 1947 - Fernando Ónega, xornalista lucense. 1948 - Leopoldo María Panero, poeta español (m. 2014). 1950 - Bernardo Castelo Álvarez, historiador da arte galego (m. 2006). 1952 - Georgios Papandreu, político grego. 1960 - Xosé Manuel Eyré, crítico literario e escritor galego. 1971 – Tupac Shakur, cantante de rap estadounidense (m. 1996). 1982 – Missy Peregrym, actriz Canadense.
Mortes miniatura|100px|Elsa Triolet. 1722 - John Churchill, primeiro duque de Marlborough. 1844 - André da Silva Gomes, compositor luso-brasileiro (n. 1752). 1848 - Lois II de Hesse, Gran Duque de Hesse e do Rin. 1911 - Ramón Bernárdez González, sacerdote e escritor galego (n. 1838). 1934 - Manuel Lezón Fernández, avogado e político galego (n. 1854). 1939 - Adelardo Novo Brocas, xornalista e político galego (n. 1880). 1944 - Marc Bloch, historiador francés. 1958 - Imre Nagy, político húngaro (n. 1896). 1970 - Elsa Triolet, escritora francesa de orixe rusa (n. 1896). 1977 - Wernher von Braun, enxeñeiro e físico xermano-estadounidense. 1979 - Nicholas Ray, director cinematográfico estadounidense. 1989 - Antonio Román, director e guionista de cine galego (n. 1911). 2004 - Antón Tovar, poeta galego (n. 1921). 2008 - Mario Rigoni Stern, escritor italiano (n. 1921). 2017 - Helmut Kohl, político alemán (n. 1930).
Festas e celebracións Día do Meniño Africano Bloomsday
Outros Santoral: Santo Aureliano de Arles, bispo; San Ferreol, mártir;Santa Lutgarda, relixiosa.
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Xuño