dereita|200px|miniatura| Anverso e reverso da Medalla da Orde do Imperio Británico
A Excelentísima Orde do Imperio Británico é unha orde de cabalería británica, instituída o 4 de xuño de 1917 polo rei Xurxo V. A orde outórgaa o rei ou a raíña de Inglaterra a todos aqueles que fixesen algo significativo no nome do Reino Unido.
Ten cinco categorías:
Cabaleiro da Gran Cruz ou Dama da Gran Cruz, (GBE) (Knight Grand Cross or Dame Grand Cross) Cabaleiro Comendador ou Dama Comendadora (KBE or DBE) (Knight Commander or Dame Commander) Comendador (CBE) Oficial (OBE) Membro (MBE)
As siglas dos títulos colócanse despois dos apelidos en inglés.
Vestimentas e distintivos
Grandes ocasións Reunións da Orde ou coroacións:
A capa: lucida polos Cabaleiros e Damas da Gran Cruz, feita en satén de cor rosa con liñas en gris perla. No costado esquerdo ten bordada a estrela. O colar: lucido nada máis polos Cabaleiros e Damas da Gran Cruz, está feito de ouro. Consiste en seis medallóns co escudo real, alternado con seis medallóns co monograma real. A insignia colga do colar.
Outras ocasións miniatura|250px|Estrela da Orde A estrela: unha estrela de oito puntas para os membros da Gran Cruz e de catro puntas para os membros Comendadores. Está feita en prata, e no medio leva un anel vermello co lema da Orde (For God and the Empire / "Por Deus e polo Imperio"). Orixinalmente, no centro aparecía a imaxe de Bretaña, pero dende 1937 aparecen as imaxes de Xurxo V e a Raíña Mary. A insignia: é a única insignia que locen todos os membros. É unha cruz patoncé, co mesmo medallón central que a estrela no anverso e o monograma real de Xurxo V no reverso. Sobre o brazo superior da cruz hai unha coroa imperial. Varía de tamaño segundo a clase, e para as clases Cabaleiros da Gran Cruz, Cabaleiros Comendadores e Comendadores é de esmalte azul ceo co anel en vermello; a de Oficiais é dourada e a de Membro é prateada.
Membros Na lista dos membros da Orde do Imperio Británico pódense atopar:
Actores: Julie Andrews (DBE 2000) Pierce Brosnan (OBE 2003) Alfred Hitchcock (KBE 1980) Robert Carlyle (OBE 1999) Fiona Shaw (CBE 2001) Angela Lansbury (hon CBE 199?) Michael Gambon (CBE 1990) Elaine Paige (OBE 1995) Michael Palin (CBE 1999) Michael Caine (CBE 1993, KBE 2000) Charlie Chaplin (KBE 1975) Michael Crawford (OBE 1986) Hugh Laurie (OBE 2007) Christopher Lee (CBE 2001) Liam Neeson (OBE 1999)
Músicos: Elton John (CBE 1996, KBE 1998) Bob Geldof (KBE 1986) Andrea Corr (MBE 2005) Sharon Corr (MBE 2005) Caroline Corr (MBE 2005) Jim Corr (MBE 2005) Bono (Paul David Hewson)(KBE 2007) Kylie Minogue (OBE 2008) Andrew Lloyd Webber Roger Daltrey (CBE 2004) Os Beatles (MBE 1965) Mick Jagger (MBE 2003) Bee Gees (CBE 2002) David Gilmour (CBE 2003) Eric Clapton (CBE 2004) Empresarios: Anita Roddick (DBE 1988) Richard Branson (KBE 2000) Bill Gates (KBE 2005)
Deportistas: Sebastian Coe (MBE 1982, OBE 1990, KBE 2006) David Beckham (OBE 2003) Nick Faldo (MBE 1998) Alex Ferguson (OBE 1984, CBE 1995) Henrik Larsson (MBE 2006) Nigel Mansell (OBE 1990) Nigel Short (MBE 1999)
Escritores: Terry Pratchett (OBE 1998) Tim Rice (KBE 1994) J. K. Rowling (OBE 2000) Salman Rushdie (KBE 2007) J. R. R. Tolkien (CBE 1972) Agatha Christie (DBE 1971)
E máis...
Categoría:Cultura do Reino Unido Categoría:Orde do Imperio Británico