Turkmenistán é un país desértico cunha agricultura intensa en oasis irrigados, e amplas reservas de petróleo e gas natural. Os principais produtos cultivados son o algodón, principalmente para exportación, e trigo para o consumo doméstico. Malia a agricultura representar apenas o 10% do produto interno bruto ela emprega case metade da forza de traballo. O país tamén depende da explotación do petróleo, que representa uns 60 % das súas exportacións.

Cun autoritario goberno ex-comunista no poder e unha estrutura social tribal, fai unha aproximación cautelosa ás reformas económicas e busca utilizar as rendas de exportación de gas natural e algodón para manter a súa ineficiente economía. As metas de privatización aínda son tímidas.

Entre o 1998 e o 2005 sufriu pola ausencia de vías adecuadas de exportación de gas natural e por obrigacións con débedas de curto prazo. Con todo, as exportacións empezaron a crecer case 15% ao ano entre o 2003 e o 2008 principalmente debido ao alza de prezos internacionais do petróleo e do gas. Novos gasodutos cara á República Popular da China e Irán que empezaron a funcionar en fins de 2009 e comezo de 2010 propiciaron ao país novas rutas de exportación, malia estas novas vías non compensaren completametne a caída de exportacións de gas cara a Rusia o 2009.

As perspectivas xerais no curto prazo son desencoraxantes, debido á grande e diseminada pobreza, corrupción endémica un sistema educativo precario, o mal uso por parte do goberno das riquezas xeradas polo petróleo e gas, e a relutáncia de Achkhabad en adoptar reformas orientadas ó mercado. No pasado as estadísticas económicas de Turkmenistán eran secretas. O novo goberno estableceu unha axencia estatal para estadísticas, pero o produto interno bruto e outros indicadores están suxeitos a grandes marxes de erro. O país forma parte da organización económica internacional CEI (Comunidade de Estados Independentes).

Notas

Turkmenistán Categoría:Turkmenistán