O termo orde pode referirse a:

Arquitectura Orde arquitectónica, conxunto de trazos e estilos propios dunha época, que se aplican fundamentalmente aos cinco estilos clásicos: orde dórica, orde xónica, orde corintia, orde toscana e orde composta.

Bioloxía Orde, determinado nivel de clasificación taxonómica.

Dereito Orde ministerial, resolución administrativa de carácter xeral ditada por un Ministro; Tribunal de Orde Pública, institución xudicial española xa desaparecida.

Exército Orde militar, en relación co significado anterior, grupo relixioso de combatentes que respecta unhas regras internas particulares, normalmente no marco duns principios e dunha misión específica. Por exmplo: orde de Santiago, orde Teutónica, orde de Malta, orde dos templarios etc; Orde de cabalaría, grupo cortesán que continúa cos antigos valores das ordes militares e baixo o código de cabalaría; Coñécese co nome de ordes tamén os distintos galardóns, de carácter cívico-militar, que os estados e algunhas asociacións lles conceden aos mellores dos seus cidadáns e membros, como a Orde do Imperio Británico, a orde da Lexión de Honra francesa etc.

Filosofía Orde, concepto filosófico oposto ao caos.

Lingüística e informática Imperativo, a expresión lingüística de mandato; Orde, en informática, instrución dada a unha máquina para que execute unha tarefa; Orde alfabética, secuencia pola que se distribúen os termos conforme a súa primeira letra inicial.

Matemáticas Teoría da orde, rama das matemáticas que investiga a noción intuitiva de orde mediante relacións binarias. Orde (teoría de grupos), a orde dun grupo finito é o número dos seus elementos.

Relixión Orde sacerdotal, no cristianismo, o sacramento de incorporación a tarefas de pastor; Orde relixiosa, tipos particular de asociación relixiosa que respecta unhas regras comúns: orde franciscana, orde dominica, orde do Císter, orde de Cluny, etc.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza Vilar de Ordelles, parroqiua do concello de Esgos; Orde, lugar da parroquia de San Miguel de Vilapedre, no concello de Sarria; A Orde, lugar da parroquia de Vilarrubín, no concello da Peroxa; Ordelles, lugar da parroquia de Chaodarcas, no concello do Pereiro de Aguiar; A Orden, lugar da parroquia de Adelán, no concello de Alfoz do Castrodouro.

Véxase tamén Outros artigos

Orde do Fénix, grupo de magos da serie de ficción de Harry Potter: Véxase Harry Potter e a Orde do Fénix.