miniatura|esquerda|Transformación do fumarato (arriba) a malato (abaixo). O ácido málico ou, na súa forma ionizada, o malato, é un composto orgánico implicado nas rutas principais do metabolismo, pois intervén no ciclo de Krebs, nas reaccións anapleróticas deste, e na lanzadeira do malato. O ácido málico é, en nomenclatura IUPAC, o ácido hidroxibutanodioico; é, polo tanto, un ácido dicarboxílico.

Na industria do viño, a fermentación maloláctica favorece a súa transformación en ácido láctico.

A transformación do fumarato en L-malato, pertencente ao ciclo de Krebs, está catalizada pola fumarasa.

Notas

Véxase tamén Metabolismo. Ciclo de Krebs.

Categoría:Ácidos carboxílicos Categoría:Ciclo do ácido cítrico

en:Malate es:Malato