250px|miniatura|Bloody Mary condimentado con vexetais. Bloody Mary é un cóctel composto de vodka, zume de tomate, e de salsas, como a Worcestershire ou a salsa de Tabasco. Ademais, sal, pementa negra, pementa de Caiena e zume de limón. O camareiro Fernand Petiot do Harry's New York Bar en París inventou a bebida en 1920. A primeira referencia ao Bloody Mary recollida no Dicionario Oxford procede da revista inglesa Punch, en agosto de 1956: "...os que comen filetes crus e beben Bloody Marys..."

Historia Bloody Mary ten ecos afastados no personaxe de María I de Inglaterra, filla de Henrique VIII, a raíña Tudor que foi alcumada María a Sanguinaría porque no seu intento de restaurar o catolicismo en Inglaterra levou á fogueira a máis de 300 membros do alto clero protestante, nos seus cinco anos de reinado. Con todo, é a cor vermella da bebida o que obviamente lle deu o seu nome: blood é sangue, en inglés.

Preparación A orde de mestura dos ingredientes é crucial á hora de preparar o cóctel. Algúns camareiros manteñen as súas receitas en segredo. Servido en vaso alto, cuns cubiños de xeo, e adornado por unha poliña de apio, o Bloody Mary, e a súa versión sen alcol Virgin Mary, tómanse frecuentemente durante a mañá.

Ingredientes 3 partes vodka 6 partes zume de tomate Un chisco de sal e pementa negra 1 ou 2 culleriñas de ravo picante 6 chorriños de salsa Worcestershire 5 pingas de salsa Tabasco 1 culleriña de sal de apio 1 chorriño de zume de limón ou de lima 1 chorriño de zume de laranxa (opcional)

Véxase tamén

Categoría:Cóctel