miniatura|dereita|260px|O Águeda está inmediatamente a Oeste do Tormes, que pasa por Salamanca. 260px|miniatura|O Águeda nas aforas de Ciudad Rodrigo O río Águeda é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica, afluente do río Douro pola súa marxe esquerda. Ten uns 130 km de curso, e flúe de España cara a Portugal.

Percorrido O Águeda nace no extremo suroeste da provincia de Salamanca, na comunidade autónoma de Castela e León, España, na serra das Mesas, a preto de 1.000 msnm, ; despois de abandonar a montaña percorre a comarca de Ciudad Rodrigo, e desde Almofala serve de fronteira hispano-lusa, durante 22 km, até a súa desembocadura no río Douro, xunto a Barca de Alva, no concello de Figueira de Castelo Rodrigo, Portugal.

A conca do Águeda é paralela á dos ríos Aguiar e Côa en Portugal.

Afluentes Pola beira dereita: Berzosa. Pola beira esquerda: Río Touroes, que serve tamén de fronteira hispano-lusa.

Réxime fluvial Como todos os afluentes importantes do Douro, o Águeda é un curso de réxime pluvio-nival.

Poboacións as beiras A localidade máis importante, sita ás beiras do Águeda, é a salmantina de Ciudad Rodrigo.

Encoros Sobre o Ádega ergueuse, xa en 1931, o encoro do Águeda, cunha capacidade de 24 hm³.

Agueda Agueda