Xutlandia«Randers». (en dinamarqués Jylland, en alemán Jütland) é unha península da Europa noroccidental que comprende a parte continental de Dinamarca e o norte de Alemaña (estado federal de Schleswig-Holstein). Ao oeste limita co mar do Norte, ao norte co Skagerrak, ao nordés co Kattegat e ao leste coas illas dinamarquesas do Báltico.

Historia O nome provén dos xutos, pobo xermánico que se instalou alí no século V.

A parte meridional forma parte de Schleswig-Holstein, rexión que foi cambiando de posesión dinamarquesa a alemá ao longo da historia. O derradeiro cambio de soberanía tivo lugar tras a primeira guerra mundial, recuperando Dinamarca parte de Schleswig (en danés Slesvig) pola vía dun plebiscito.

Xeografía miniatura|Parque eólico en Xutlandia. O terreo é relativamente chan, con pequenos cerros e turbeiras, constituído por materiais sedimentarios da era secundaria e depósitos do terciario que foron cubertos polos glaciares durante a era seguinte, dando lugar á actual paisaxe da península: unha chaira suavemente ondulada e inclinada cara ao oeste. Ten unha superficie de 29.775 km² e ten unha poboación de 2.491.852 persoas (2004). Pola súa extensión, abrangue os dous terzos da superficie do país, pero alberga só 2/5 partes da poboación total.

A costa articúlase por numerosos fiordes de orixe glaciar. A zona oeste presenta un relevo máis erosionado e caracterízase pola abundancia de depósitos fluvioglaciares. A costa está delimitada por cordóns de dunas e carece de portos naturais.

Clima O clima da península é oceánico (0 °C de media no inverno e 16 °C no verán) e húmido.

miniatura|Bandeira de Xutlandia

Cidades da Xutlandia dinamarquesa: Aarhus Ålborg Esbjerg Frederikshavn Randers Kolding Vejle Horsens Notas

Véxase tamén Outros artigos Canle de Kiel Contorna natural da Unión Europea Batalla de Iutlandia

Categoría:Xutlandia