A Illa do Príncipe de GalesPor exemplo en é unha illa Ártica en Nunavut, Canadá, entre a Illa Victoria e Illa Somerset e ó sur das Illas da Raíña Isabel. É unha das máis grandes das Illas Árticas do Canadá.
A efectos administrativos, divídese entre as rexións Qikiqtaaluk e Kitikmeot. Non hai establecementos habitados permanentes.
Xeografía
É unha illa baixa cuberta de tundra cunha irregular liña costeira. Os accidentes xeográficos principais son a baía Ommanney no oeste e a baía de Browne no leste. A baía de Ommanney noméase así polo Almirante Sir Erasmus Ommanney da mariña de guerra real que explorou a área como parte da procura para a expedición de Franklin. A súa superficie estimouse en 33.339 km². A illa do príncipe de Gales é a 40º na lista de illas máis grandes do mundo por superficie e a 10ª na lista de illas canadenses por superficie. O seu punto máis alto coñecido, se atopa a 424 metros de altura é un lugar sen nome en }} no extremo nordeste da illa,Peakbagger con vistas á Canle Baring, que a separa da illa Russell (Nunavut).
Historia
Foi descuberta en 1851 por Francis Leopold McClintock durante a darradeira expedición de John Franklin. A illa foi nomeada así en honor o herdeiro da coroa británica, o futuro rei Eduardo VII. 300px|dereita|Mapa da illa Príncipe de Gales, Canadá
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Illas Árticas do Canadá
Ligazóns externas Prince of Wales Island in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada
Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica Categoría:Illas do Canadá Principe de Gales Categoría:Illas deshabitadas