O 13 de decembro é o 347º día do ano do calendario gregoriano e o 348º nos anos bisestos. Quedan 18 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1294 - o papa Celestino V abdica logo de só cinco meses, porque desexa retornar á súa vida previa como asceta. 1545 - Comeza o Concilio de Trento en Trento, Italia. 1909 - Lese por primerira vez un discurso de ingreso na Real Academia Galega, en galego. Faino Amador Montenegro baixo o título de Alma d’a Poesía Gallega, responderíalle, tamén en galego, o académico Juan Barcia Caballero. 1937 - Durante a Segunda Guerra Chinesa-Xaponesa remata a Batalla de Nanjing coa vitoria das tropas xaponesas, dando comezo ao Masacre de Nanjing. 1938 - Créase a ONCE, daquela baixo o nome de Organización Nacional de Cegos. 1946 - Evasión do Santa Teresa: un grupo de 22 guerrilleiros antifranquistas galegos parte do Vicedo rumbo a Francia. 1949 - O Parlamento de Israel (Knesset) decide mudar a capital do país para Xerusalén. 1959 - Makarios III, arcebispo da igrexa ortodoxa chipriota, convértese no primeiro Presidente de Chipre 1967 - Lanzamento de Pioneer 8 para o estudo do espazo interplanetario. 1981 - O xeneral Wojciech Jaruzelski declara a Lei marcial en Polonia para impedir que Solidariedade desmantele o sistema comunista. 1996 - Kofi Annan é elixido como Secretario Xeral das Nacións Unidas. 2003 - Saddam Hussein, expresidente de Iraq, é capturado preto de Tikrit polas tropas estadounidenses.
Nacementos miniatura|100px|Heinrich Heine. miniatura|100px|Taylor Swift. 1521 - Papa Sisto V. 1761 - John Moore, militar británico (m. 1809). 1797 - Heinrich Heine, poeta alemán. 1816 - Werner von Siemens, enxeñeiro e industrial alemán. 1854 - Thomas Watson, inventor estadounidense. 1862 - Xosé María Cao Luaces, caricaturista galego (m. 1918). 1865 - Ángel Ganivet, escritor español. 1878 - Manuel Graña González, xornalista e escritor galego (m. 1963). 1887 - Miguel Maura, político español. 1901 - Albino Núñez Domínguez, escritor, pedagogo e poeta galego (m. 1974). 1902 - Talcott Parsons, sociólogo estadounidense (m. 1979). 1911 - Trygve Haavelmo, economista noruegués, gañador do Premio Nobel de Economía en 1989. 1923 - Antoni Tàpies, pintor español. 1924 - Enrique Fuentes Quintana, economista español. 1925 - Dick Van Dyke, actor e comediante estadounidense. 1929 - Christopher Plummer, actor estadounidense. 1935 - Adélia Prado, poeta portuguesa. 1936 - Xosé Luís Rodríguez Pardo, avogado e político galego. 1950 - Luisa Fernanda Rudi, política aragonesa. 1989 - Taylor Swift, cantante e actriz estadounidense.
Mortes miniatura|100px|Wassily Kandinsky. 1124 - Calisto II (Guido de Borgoña), 162º papa da igrexa católica. 1204 - Maimónides, filósofo hispano-hebreo. 1250 - Frederico II, emperador romano-xermánico e rei de Sicilia (1212-1250). 1466 - Donatello, escultor florentino. 1521 - Manuel I, rei de Portugal (1495-1521). 1565 - Konrad von Gessner, naturalista suízo. 1557 - Tartaglia, matemático italiano. 1769 - Christian Fürchtegott Gellert, poeta alemán (n. 1715) 1784 - Samuel Johnson, escritor británico. 1868 - Carl Friedrich Philipp von Martius, médico, botánico e explorador alemán. 1870 - Pascual Madoz Ibáñez, intelectual, político e escritor español. 1894 - Juan León Mera, escritor ecuatoriano. 1912 - Vital Aza, escritor español. 1925 - Antonio Maura, estadista español. 1930 - Fritz Pregl, químico austríaco, premio Nobel de Química en 1923. 1931 - Gustave Le Bon, polígrafo francés. 1934 - José Santos Chocano, escritor peruano. 1935 - Victor Grignard, químico francés, premio Nobel de Química en 1912. 1944 - Wassily Kandinsky, pintor e teórico da arte rusa, precursor da abstracción na pintura e un dos artistas de máis sona do século XX. 1945 - Irma Grese, supervisora nazi de campos de concentración. 1950 - Abraham Wald, matemático húngaro. 1961 - Grandma Moses, pintora estadounidense. 1979 - Álvaro Paradela Criado, médico e escritor galego (n. 1911). 1983 - Mary Renault, escritora británica. 1983 - Nichita Stănescu, poeta romanés. 1984 - Antonio Tovar, lingüista e historiador español. 1988 - María Teresa León, escritora española. 1996 - Víctor de los Ríos, escultor español. 1997 - Luís Freire García, botánico e micólogo galego. (n. 1914). 2001 - Chuck Schuldiner, músico estadounidense. 2006 - Loyola de Palacio, política española.
Festas e celebracións Día da República en Malta (1974).
Outros Santoral: Santa Lucía.
Os 366 días do ano
Categoría:Decembro