miniatura|322x322px|A presa de Zamáns e o Galiñeiro ao fondo. San Mamede de Zamáns é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Bembrive, Valadares, Vincios, Chenlo e Cela. Pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Segundo o IGE, en 2022 tiña 860 habitantes (420 homes e 440 mulleres).

Xentilicio O seu xentilicio é zamanexo.

Xeografía O Nomenclátor de Galicia recolle 9 entidades de poboación, segundo o IGE cos seguintes habitantes en 2022: Casal de Abade, Cidáns (146), A Igrexa ou A Aldea (200), As Lagoas, Marcosende (324), A Menda (30), Paredes, Vilariño (15) e Vilaverde (145).

Atópase asentada entre a Serra do Galiñeiro e a Serra da Groba. Nela atopamos o río de Zamáns, ou Amial, que se apresou, dando á presa de Zamáns que abastece a cidade de Vigo.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Vigo-Santo André, pero ata 2019 pertenceu ao arciprestado da Louriña.

Patrimonio A igrexa parroquial data do 1770. Ten por patróns a San Mamede e á Virxe dos Aflixidos.

Xunto ós hórreos, sobresaen as construcións relacionadas coa auga: fontes, lavadoiros e muíños, destacando a casa muíño das Maquías.

A parroquia acolle o campus das Lagoas-Marcosende, coñecido coma CUVI (Colexio Universitario de Vigo), no que se localiza o Proxecto da Cidade Universitaria para a Universidade de Vigo do arquitecto catalán Enric Miralles.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Zamáns

Parroquias de Vigo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vigo

Categoría:Parroquias de Vigo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede