Para a mítica patria de orixe dos pobos polinesios (ás veces denominada Savai'i), véxase Hawaiki
Savai'i , a alma de Samoa, é a principal e máis grande illa no estado de Samoa, formada por basalto, que pasa dos fondos mariños da zona occidental Océano Pacífico. Savai'i é un volcán activo, o cal fixo erupción por última vez en 1911. É o fogar de aproximadamente 50.000 persoas, é menos desenvolvida que Upolu, a outra illa principal. Os portos de Salelologa e Asau sitúanse en Savai'i. Savai'i é o fogar da Pulemele'i Mound, Alofa'aga Blowholes, e Moso's Footprint, que se remontan a tempos prehistóricos. Falealupo, a só 20 millas do cambio de data, é o pobo máis occidental de Samoa, e posiblemente, do mundo. Nos comenzos do século XIX, a illa foi chamada Pola.
Mitos e lendas miniatura| 180px | Aldea de Matautu, costa norte Savai'i (1902) Rica na historia polinesia e a tradición oral, Savai'i menciónase en mitos e lendas das Illas do Pacífico e chamouse o "berce da Polinesia".
A Mitoloxía samoana conta historias de deuses diferentes. Había deuses dos bosques, dos mares, da choiva, da colleita, das aldeas, e da guerra. Houbo dous tipos de deuses: atua, que tiñan orixes non humanas, e aitu, que eran de orixe humana. Tagaloa era un deus supremo que fixo as illas e a xente. Mafui'e era o deus dos terremotos. Había tamén varios deuses da guerra. Nafanua, a deusa guerreira de Samoa, provén da aldea de Falealupo no extremo oeste da illa, que é tamén o sitio da entrada en Pulotu, o mundo dos espíritos. O pai de Nafanua Saviasi'uleo era o deus de Pulotu. Outra lenda ben coñecida fala de dúas irmás, Tilafaiga e Taema, traendo a arte do tatuaxe a Samoa desde Fiji. Tilafaiga é a nai de Nafanua. A piscina de auga doce Mata o le Alelo 'Ollos do Demo' da lenda polinesia Sina e a anguía sitúase na aldea de Matavai na costa do norte no distrito da aldea de Safune. Outra figura da lenda é Tui Fiti, que reside na aldea de Fagamalo no distrito da aldea de Matautu na costa norte central. A aldea de Falelima asóciase cun temido espírito chamado Nifoloa.
Savai'i é coñecida como o "Alma de Samoa". "Aquí o século XX tivo pouca influencia, e a fa'a Samoa (a forma samoana) ten o maior significado." Robert Booth, "The two Samoas still coming of age," in National Geographic Magazine, Vol. 168, No. 4 de outubro de 1985, p. 469
Actividade volcánica
A illa consiste nunha gran placa volcánica en forma similar aos volcáns de Hawai. En consecuencia, a illa ten un perfil de suave declive, alcanzando unha altitude máxima de 1858 metros no monte Silisili. Savai'i segue sendo volcanicamente activa, coas recentes erupcións de Matavanu entre 1905 e 1911, Mata Ole Afi en 1902 e Mauga Afi en 1725. O campo de lava en Saleaula causado polas erupcións do Matavanu na primeira parte da século XX son o suficientemente amplas para que sexan visibles nas fotografías de grande altitude
300px|Alofa'aga Blowholes
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Samoa
Ligazóns externas Building a 3D model for land-use and nature conservation planning, Savaii Island, Samoa; Rudolf Hahn CTA FAO 2015 youtube video Looking for the Manumea. An ecological survey in community conservation areas, Savaii Island, Samoa; Rudolf Hahn CTA FAO 2014 youtube video
Final 2006 Samoa Census Report, Samoa Bureau of Statistics, July 2008 Savaii Samoa Tourism Association Samoa Tourism Authority Sydney Morning Herald travel article June 2009 Surfing Samoa on Youtube The Samoan Historical Calendar 1606 - 2007 by Stan Sorensen, Historian, Office of the Governor, American Samoa & Joseph Theroux First Samoan dictionary, 3rd edition (1893) by Rev. George Pratt Library Association of Samoa website
Categoría:Illas de Samoa Categoría:Illas do Pacífico