miniatura|dereita|380px|Distribución actual das familias de linguas. Este artigo recolle as principais linguas humanas segundo o número de falantes nativos. Todas estas clasificacións deben terse en conta con precaución, xa que non é posible elaborar un conxunto coherente de criterios lingüísticos para distinguir as linguas nun continuo dialectal. Por exemplo, unha lingua a miúdo defínese como un conxunto de variedades mutuamente intelixibles, pero as linguas estándar nacionais independentes poden considerarse linguas separadas aínda que sexan en gran parte mutuamente intelixibles, como no caso do dinamarqués e o noruegués. Pola contra, moitas linguas comunmente aceptadas, incluíndo o alemán, o italiano e mesmo o inglés abranguen variedades que non son mutuamente intelixibles. Aínda que o Árabe se considera polo xeral como unha única lingua centrada no árabe estándar moderno, outros autores consideran que as súas variedades mutuamente inintelixibles son linguas separadas. De xeito semellante, o chinés ás veces é visto como unha única lingua debido a unha cultura compartida e unha lingua literaria común. Tamén é común describir varios grupos de dialectos chineses, como o mandarín, o wu e o yue como linguas separadas, aínda que cada un destes grupos contén moitas variedades mutuamente inintelixibles.
Tamén hai dificultades para obter recontos fiables de falantes, que varían ao longo do tempo debido ao cambio de poboación e á substitución lingüística. Nalgunhas áreas, non hai datos fiables do censo, os datos non son actuais ou o censo pode non rexistrar as linguas faladas ou rexistralas de forma ambigua. Ás veces, as poboacións de falantes son esaxeradas por razóns políticas, ou os falantes de linguas minoritarias poden estar subestimados en favor dunha lingua nacional.
Linguas máis faladas segundo poboación Ethnologue (2023) As seguintes linguas están listadas con cando menos 50 millóns de falantes como primeira lingua na edición número 26 de Ethnologue publicada en 2023.Statistics, in Eberhard, David M.; Simons, Gary F.; Fennig, Charles D., eds. (2023). Ethnologue: Languages of the World (26th ed.). Dallas, Texas: SIL International. As entradas que Ethnologue identifica como macrolinguas (como o árabe, o panxabí occidental, o persa, o malaio, o paxto e o chinés, as cales abranguen todas as súas respectivas variedades) non se inclúen nesta sección.
+Linguas con máis de 50 millóns de falantes como primeira lingua Lingua Falantes nativos(millóns) Familia Rama Mandarín(incluíndo o chinés estándar, mais excluíndo outras variedades) 939 Sino-tibetana Sinítica Castelán 485 Indoeuropea Románica Inglés 380 Indoeuropea Xermánica Hindi(excluíndo o urdú e outras variedades) 345 Indoeuropea Indoaria Portugués 236 Indoeuropea Románica Bengalí 234 Indoeuropea Indoaria Ruso 147 Indoeuropea Eslava Xaponés 123 Xapónica Xaponesa Yue(incluíndo o Cantonés) 86,1 Sino-tibetana Sinítica Vietnamita 85,0 Austroasiática Viética Turco 84,0 Turca Oghuz Wu(incluíndo o shanghainés) 83,4 Sino-tibetana Sinítica Marathi 83,2 Indoeuropea Indoaria Telugu 83,0 Dravídica Sur-central Coreano 81,7 Coreánica Francés 80,8 Indoeuropea Románica Támil 78,6 Dravídica Sur Árabe exipcio(excluíndo o árabe saʽidi) 77,4 Afroasiática Semítica Alemán estándar 75.3 Indoeuropea Xermánica Urdú(excluíndo o hindi) 70,6 Indoeuropea Indoaria Xavanés 68,3 Austronesia Malaio-polinesia Panxabí occidental(excluíndo o panxabí oriental) 66,7 Indoeuropea Indoaria Italiano 64,6 Indoeuropea Románica Gujarati 57,1 Indoeuropea Indoaria Persa iraniano(excluíndo o dari e o taxico) 57,2 Indoeuropea Iraniana Bhojpuri 52,3 Indoeuropea Indoaria Hausa 51,7 Afroasiática Chadiana
CIA World Factbook (estimacións de 2018) Segundo CIA World Factbook, as linguas máis faladas do mundo en 2018 foron:
+ Linguas principais por poboación segundo a "CIA" Posto Lingua Porcentaxeda poboacióndo mundo(2018) 1 Mandarín 12,3% 2 Castelán 6,0% 3 Inglés 5,1% 3 Árabe 5,1% 5 Hindi 3,5% 6 Bengalí 3,3% 7 Portugués 3,0% 8 Ruso 2,1% 9 Xaponés 1,7% 10 Panxabí occidental 1,3% 11 Xavanés 1,1%
Gráficos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Lista de linguas de Ethnologue por número de falantes Languages Spoken by More Than 10 Million People( 2009-10-31) – Encarta list, based on data from Ethnologue, but some figures (e.g. for Arabic) widely vary from it Map of World Languages. Download of MP3 audio files in 1600 language combinations.
Categoría:Listas de lingüística