Cara a Times Square é unha novela de Camilo Gonsar publicada en 1980 pola Editorial Galaxia. O autor nesta obra recorre ó artificio do "relato atopado" que el só se limita a editar (neste caso despois de traducilo do inglés). Na novela tece un discurso ambiguo, alucinado, con sentido de alegoría aberta que procura a reflexión do lector.

Argumento

O narrador-protagonista diríxese a unha segunda persoa, destinataria do escrito, presentando os sucesos dunha noite en que se atopa un estraño personaxe, a quen nomea como "o Belga". Ambos inician un deambular nocturno polas rúas de Nova York, no que recorren espazos fantasmagóricos, que xunto co solipsismo do Belga acaban desesperando ó narrador quen, mentres pasean polo peirao, tira ó mar ó seu acompañante.

O capítulo final semella explicar o relato como un soño do narrador, mais axiña advírtese do erróneo desta percepción.

Edicións e tradución Foi incluída na Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia e na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.

Foi traducida ao castelán polo propio autor co título de Hacia Times Square publicado en 1999 por Editorial Trea.

Foi reeditada en Galaxia en 2026.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Literatura galega do século XX Ligazóns externas Texto íntegro de "Cara a Times Square" na Biblioteca Virtual Galega. Cara a Times Square en Google Books.

Categoría:Obras literarias de 1980 Categoría:Novelas en galego