Albi é unha comuna francesa capital do departamento de Tarn e da rexión Mediodía-Pireneos, situada a carón do río Tarn. Actualmente ten 48.916 habitantes (2010). Os albixenses tomaron o seu nome da cidade.
A cidade foi fundada polos romanos, e foi coñecida como Albiga. Entre os monumentos da cidade está a basílica gótica de Sainte Cécile (1282-1480), a construción en ladrillo máis grande do mundo, e a Ponte Vella, aínda en uso despois de mil anos de existencia.
O pintor Henri de Toulouse-Lautrec naceu en Albi.
Administración A súa alcaldesa (2014) é Stéphanie Guiraud-Chaumeil, dunha coalición de partidos de centro-dereitaDatos das eleccións municipais de 2014 en Le Monde.
Notas
Categoría:Concellos do departamento de Tarn Categoría:Cidades de Francia Categoría:Patrimonio da Humanidade en Francia