Sueiro Gómez de Toledo foi un nobre e relixioso galego medieval, arcebispo de Santiago de Compostela entre 1362 e 1366.

Historia e lenda No medio das disputas sucesorias que tiveron lugar entre Pedro I e Henrique de Trastámara, foi asasinado xunto co deán da catedral o 29 de xuño de 1366.

A historia deu lugar a moitas lendas e obras literarias, e non están claras as súas circunstancias. Despois do duro enfrontamento entre a familia dos Churruchaos (Súárez de Deza) e o bispo Berenguel de Landoira, que acabaron coa decapitación de Alonso Suárez de Deza, Fernán Pérez Churruchao e Alonso Gómez de Gallinato alancearon o bispo e o deán Pedro Álvarez co prace do rei Pedro I, pois o bispo apoiaba a Henrique de Trastámara. Este suceso marcou a fin da casa dos Churruchaos, que serían absorbidos pola Casa de Lemos.

Notas

Gomez de Toledo Categoría:Arcebispos católicos de España Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Asasinatos en Galicia Categoría:Finados en 1366 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nobres de Galicia do século XIV