Juan Antonio Suances Fernández, nado en Ferrol o 20 de maio de 1891 e finado en Madrid o 6 de decembro de 1977, foi un militar e político galego.
Traxectoria Con doce anos ingresou na Escola Naval de Ferrol. Tres anos despois ascendeu a gardamariña e foi destinado á fragata gardacostas Numancia, e foi posteriormente asignado ó acoirazado Pelayo. Foi ascendido en 1921 a tenente coronel de enxeñeiros. En 1936 participou na Guerra Civil española no bando nacional.
En outubro de 1941 creou o Instituto Nacional de Industria (INI), do que foi o seu presidente ata 1963. Dirixiu boa parte da política industrial de posguerra ao ser ministro de Industria e Comercio entre 1945 e 1951.
Desde o INI encargou a Wifredo Ricart a creación de Enasa, berce da marca de camións e automóbiles Pegaso. Do INI tamén xurdiron Seat, Endesa, Ensidesa ou a Empresa Nacional Calvo Sotelo (Repsol) entre outras.
Galardóns e recoñecementos Medalla de Ouro ó Mérito no Traballo Gran Cruz de Afonso X O Sabio.
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Ministros do franquismo Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes