miniatura|dereita|Les Très Riches heures du duc de Berry: O mes de setembro. Les Très Riches Heures du duc de Berry (As moi ricas horas do duque de Berry) é un libro de horas que o duque Xoán I de Berry encargou aos Irmáns Paul, Jean e Herman de Limbourg, mais que non foi acabado até despois da súa morte. O manuscrito está conservado no Museo Condé de Chantilly (Francia).

É probabelmente o manuscrito ilustrado máis importante do século XV. Contén máis de 200 folios, dos cales máis da metade conteñen ilustracións a toda páxina.

Foi pintado entre 1412 e 1416 polos Irmáns de Limbourg, que o deixaron inacabado á súa morte, que coincidiu coa do duque en 1416. Jean Colombe acabou as ilustracións entre 1485 e 1489 para Charles I de Savoia.

Contén, entre outras, unha ilustración extraordinaria da Ascensión de Cristo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Libro de horas Libro de horas de D. Manuel Libro de horas da raíña María de Navarra Arte gótica Gótico Internacional Primitivos flamengos Les Petites Heures de Jean de Berry Metón Ciclo metónico Iluminura Manuscrito Ano trópico

Ligazóns externas

Categoría:Literatura medieval Categoría:Libros de horas Categoría:Arte da Idade Media