miniatura|dereita|Páxina dun libro de horas británico, o Book of Hastings, ca. 1470.

Un libro de horas, aínda que cada un sexa único, contén unha colección de textos litúrxicos, de oracións e de salmos, coas ilustracións correspondentes, constituíndo unha escolma básica para a práctica da relixión católica. É o tipo máis corrente de obra medieval con ilustracións miniadas ou iluminuras.

Na súa forma orixinaria o libro de horas non recollía senón os textos apropiados para as horas litúrxicas. Co tempo, o texto foi enriquecido con datos como un calendario cos rezos e as misas para certos días festivos.

Como numerosos libros de horas están ilustrados, constitúen a fonte dunha importante documentación iconográfica da vida, en especial para os séculos XV e XVI, e tamén sobre o cristianismo tardomedieval.

Desde finais do XV, foron impresos libros de horas, realizados por xeral con técnicas xilográficas.

O máis célebre dos libros de horas é posibelmente Les Très Riches Heures du Duc de Berry, realizado polos irmáns de Limbourg entre 1412 e 1416 por encargo do duque de Jean I de Berry , e que tamén encargou Les Petites Heures de Jean de Berry, Les belles heures du Duc de Berry e Les Riches heures du Duc de Berry.

Con frecuencia ao longo do XVI, o libro de horas era o primeiro e único libro que se compraba. Porén estes libros impresos, menos luxuosos, eran denominados, sinxelamente, "devocionarios".

Véxase tamén

Outros artigos Liturxia Livro de Horas de D. Manuel Libro de horas da raíña María de Navarra Arte gótica Les Très Riches Heures du duc de Berry Primitivos flamengos Metón Ciclo metónico Manuscrito Ano trópico

ru:Часослов sk:Časoslov