Froilán, nado no Regueiro dos Hortos (actual barrio do Carme) en Lugo no ano 833Vilela (2009), p. 14 (dá o 832 como data de nacemento) e finado en León o 5 de outubro do 905,Vilela (2009), p. 14 foi un relixioso anacoreta galego e bispo de León. Nomeado santo, é patrón da diocese de Lugo e da cidade do mesmo nome.

Traxectoria

Monxe Viviu como anacoreta na gruta de Ruitelán no Bierzo, agora convertida en ermida, e continou despois con idéntica vida nas montañas de Curueño. A súa vida de meditación, oración e hospitalidade, déronlle sona de home santo. Moitos acudían a el en busca de consolo e alento e para todos tiña unha verba acertada e acolledora. Predicaba entre montañeses e labregos. Tradicións populares dan testemuño da súa presenza na Virgen del Camino, Virgen de Velilla, Liébana e Valdera.

Xunto con Atilano, un presbítero de Tarazona, comezou a organizar aos ermitáns dos montes dos Ancares e dos montes de León en comunidades monásticas. Vivían unha vida de pobreza, traballo manual, obras de caridade e oración. Atribúeselle a fundación do mosteiro de Valdecésar, trala súa morte, moi favorecido polos reis de Galicia Ordoño II e Elvira Menéndez.

Co avance da repoboación cristiá no occidente peninsular, estableceron comunidades no val do Esla no mosteiro de Távora e no mosteiro de Moreruela.miniatura|Igrexa de San Froilán de Lugo.|esquerda|267x267px Bispo Morto o bispo de León, Vicente, o pobo unanimemente reclama do rei Afonso III o nomeamento de Froilán como bispo. Como aínda non era sacerdote, na cerimonia recibiu antes o sacramento da orde. O toma do báculo fíxose perante a corte do monarca de Oviedo e con aclamación de todo o pobo. Exerceu como bispo con xustiza e benevolencia, defendendo aos pobres, os febles e os doentes. No ano 905, morreu en loor de santidade. Foi soterrado na catedral antiga e posteriormente foron trasladados os seus restos, por orde do rei de Ordoño II, reinando xa en León, á nova Catedral.

Del contáronse prodixios como que amansaba os lobos e curaba os enfermos.

A súa festa celébrase o 5 de outubro, día do seu pasamento.

Represéntase vestido de monxe ou de bispo, con mitra e báculo. Pode acompañarse cun lobo manso, que leva unha bolsa coa Biblia.

San Froilán na cultura popular galega San Froilán, mete a rella e tira o pan (recomenda comezar cos labores da arada e sementeira do centeo). miniatura|Tumba de Froilán en León.|centro Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Festas de San Froilán de Lugo Froilán (nome)

Categoría:Santos de Galicia Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 833 Categoría:Finados en 905 Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Bispos entre 451 e 1054 Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia