Garray é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 629 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 76,24 km².

Dedicada a súa poboación á agricultura e gandería, hoxe a súa fonte de ingresos principal é o turismo.

Historia No seu termo municipal, non demasiado lonxe do núcleo de poboación, erguíase a soada cidade arevaca de Numancia.

Durante a Idade Media foi repoboada con navarros. Era unha das mugas ou fronteiras de Navarra en tempos do monarca Sancho III o Maior.

Núcleos de poboación Canredondo de la Sierra Chavaler Dombellas Finca de Garrejo Garray Santervás de la Sierra Tardesillas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do concello

Categoría:Concellos da provincia de Soria