Mater Matuta, na mitoloxía romana era a deusa da Mañá ou da Aurora. Máis tarde foi asociada á deusa grega Ino e aínda a Aurora (Eos).Cicerón, De natura Deorum, III,48

Historia Tiña un templo no Foro Boario, preto do porto fluvial de Roma, consagrado por Rómulo, destruído no ano 506 a.C. foi reconstruído no 396 a.C. por Marco Furio Camilo,Tito Livio, Ab Urbe condita libri, V,14. , na actual área de Sant'Omobono. r

A súa festa (Matrialia) celebrábase o 11 de xuño. A este culto só eran admitidas as mulleres esposadas unha única vez e das que o seu marido estaba aínda vivo, mentres que as mulleres escravas estaban excluídas de maneira tallante.Plutarco, Quaestiones Romanae, 16.

Como mai de Portunus protexía os portos e os mariñeiros. O seu animal favorito era a víbora. Ás veces era representada cunha espada na man ou ben cun neno no colo e sentada.

Notas

Categoría:Deusas romanas