Giorgio Napolitano, nado en 1925 en Nápoles e finado en Roma o 22 de setembro de 2023, foi presidente de Italia entre 2006 e 2015. Foi o primeiro presidente reelixido e o primeiro comunista nomeado presidente do país.

Traxectoria

Licenciado en Dereito. Despois do seu primeiro mandato de sete anos, en 2013 foi reelixido como presidente polo conxunto dos senadores, deputados e membros dos consellos rexionais italianos. Foi escollido na quinta votación, logo de que outros candidatos, como Franco Marini ou Romano Prodi, non acadasen o apoio necesario.

Categoría:Presidentes de Italia Categoría:Nados en Nápoles Categoría:Nados en 1925 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid Categoría:Finados en 2023