260px|miniatura| O río Bernesga o seu paso pola cidade de León O Bernesga é un río que corre exclusivamente na provincia de León, no noroeste de España. É un afluente do río Esla, pola súa beira dereita, que á súa vez o é do río Douro.

Percorrido O Bernesga nace no porto de Payares, case nos límites con Asturias. Corre logo en direccións sur, atravesando varias localidades leonesas como a Pola de Gordón, La Robla e a mesma capital provincial, León, onde se lle xunta o río Torío.

Logo de 76,8 km de percorrido rende as súas augas ao Esla, pola dereita deste, na localidade de Vega de Infanzones.

Afluentes Os principais tributarios do Bernesga son: Pola dereita: Rodiezmo, Casares, Río de Los Barrios. Pola esquerda: Camplongo, Fontún, Torío.

A conca do Bernesga abrangue 1.162 km².

Réxime O Bernesga é un río de réxime nivo-pluvial. A baixa de caudal na estiaxe é bastante acusada.

Bernesga, Río Bernesga, Río Bernesga