Kurt Tucholsky, nado o 9 de xaneiro de 1890 en Berlín e finado o 21 de decembro de 1935 en Gotemburgo, foi un xornalista e literato alemán. Escribiu tamén cos pseudonimos Kaspar Hauser, Peter Panter, Theobald Tiger e Ignaz Wrobel. Traxectoria Tucholsky foi un dos xornalistas máis influentes durante a república de Weimar. O seu compromiso político e o seu papel como editor da revista Die Weltbühne, fixeron del un crítico da sociedade na tradición de Heinrich Heine. Destacou tamén como satírico, escritor de cancións e temas de cabaré, novelista e poeta. Tucholsky definíase como demócrata de esquerdas, pacifista e antimilitarista, e quixo por en garda á sociedade alemá perante as tendencias antidemocráticas e a ameaza do nacionalsocialismo.
Tucholsky foi en vida un autor amplamente lido, podéndose dicir que foi un escritor con moito éxito, mais ao final da súa vida, Tucholsky lamentouse de que a súa obra tivera un “éxito sen consecuencias” (“Erfolg ohne Wirkung”).
Tucholsky abandonou o xudaísmo o 1 de xullo de 1914 e recibiu o bautizo protestante no verán de 1918.
Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Nados en Berlín Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1935