Labregos do tempo dos Sputniks é un proxecto musical d'O Leo de Matamá e García MC, integrante do colectivo de hip hop Dios ke te crew.

Traxectoria Creado en 2007, xúntanse para concertos sen ensaios previos, como a "Festa pola liberdade" (sala Nasa, decembro de 2007), ou o 7º aniversario do Cineclube de Compostela (centro social "A Gentalha do Pichel", abril de 2008).

Adoitan comezar poñendo en escena cadansúa proposta (O Leo cantando e na guitarra e García cantando sobre bases), para rematar con temas conxuntos improvisados, co Leo á guitarra e García cantando.

Entre outros, tocan temas como "Bilingüismo harmónico" (adaptación do "Should I Stay Or Should I Go", de The Clash) e poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro, ademais de letras propias de García.

Véxase tamén Ligazóns externas Myspace de García Mc Blog de Leo "Celso Emilio volve rapeado", artigo de Daniel Salgado en El País, 25 de abril de 2008 .

Categoría:Grupos musicais de Santiago de Compostela Categoría:Grupos musicais en galego