San Martiño de Lamas é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá, pertencente ao arciprestado da Terra Chá. Está delimitada polas parroquias de Cospeito e Xermar polo Norte; Vilar e Bestar polo Sur; Triabá polo Leste e Arcillá polo Oeste.

En 2011 tiña 73 habitantes repartidos en 5 km² (14,6 hab/km²) e agrupados nas entidades dos Currás, O Rebordelo e O Toxal, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 98 habitantes.

Toponimia O orónimo provén do latín , e indica un lugar con lama ou lodo.

Historia No ano 1602 o bispo de Mondoñedo, Aloito, cedeu varias freguesías da súa xurisdición a Pedro, bispo de Lugo. No ano 1484 os Reis Católicos ordenaron a Diego López de Ares a venda do lugar co fin de sufragar os gastos polo cerco da Torre de Caldaloba.

Lugares e parroquias Lugares de Lamas

Parroquias de Cospeito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cospeito Ligazóns externas A parroquia de Lamas na web do concello de Cospeito

Categoría:Parroquias de Cospeito Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía