Na Copa Xunta de Galicia, celebrada entre 2006 e 2007, participaron oito conxuntos galegos. A vitoria final correspondeulle ao Celta de Vigo. A Copa foi presentada no mes de abril de 2006 por Santi Domínguez, Director Xeral para o Deporte, Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, e mais por Julio Meana, presidente da Federación Galega de Fútbol. A organización correu a cargo da Fundación Deporte Galego, a Dirección Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Fútbol. Contou coa participación dos clubs galegos que na tempada 2005-06 de fútbol estaban nas categorías de Primeira división, Segunda división ou Segunda división B. A Xunta considerou oportuno tamén invitar o CD Lugo para completar o número de oito equipos e facer dous grupos, norte e sur.
No grupo norte participaron estes catro equipos: Deportivo da Coruña, Racing de Ferrol, SD Negreira e CD Lugo. No grupo sur participaron estes catro equipos: Celta de Vigo, Pontevedra CF, CD Ourense e o filial Celta de Vigo B. Os partidos desta primeira fase comezaron o 6 de agosto de 2006 e remataron o 6 de setembro de 2006. Os equipos que remataron nos dous primeiros lugares pasaron a disputa-las semifinais a partido único. A final tivo lugar no estadio Anxo Carro o 3 de xaneiro de 2007, e nela proclamouse vencedor o Celta de Vigo cun resultado de 2-3.
A competición non tivo carácter oficial por non ser aprobada pola Asemblea da Federación Galega de Fútbol.
Malia que foi anunciada como “a primeira edición”, o certo é que xa se disputara anteriormente outro torneo co título Copa Xunta de Galicia en 1989 do que resultara gañador o Centro de Deportes Barco.
Fase de grupos Grupo norte EquipoPtsPXGEPGFGCGD1. 20px| Racing de Ferrol7321052+32. 20px| CD Lugo7321041+33. 20px| Deportivo da Coruña3310223-14. 20px| SD Negreira0300316-5
6 de agosto - Xesús García Calvo (Negreira) SD Negreira 1 Racing de Ferrol 3 9 de agosto - A Magdalena (Vilalba) CD Lugo 1 SD Negreira 0 12 de agosto - Municipal (Xove) CD Lugo 1 Racing de Ferrol 1 18 de agosto - Xesús García Calvo (Negreira) SD Negreira 0 Deportivo da Coruña 2 30 de agosto - A Malata (Ferrol) Racing de Ferrol 1 Deportivo da Coruña 0 6 de setembro - Anxo Carro (Lugo) CD Lugo 2 Deportivo da Coruña 0
Grupo sur EquipoPtsPXGEPGFGCGD1. 20px| Pontevedra CF9330070+72. 20px| Celta de Vigo6320172+53. 20px| CD Ourense3310229-74. 20px| Celta de Vigo B0300315-4 9 de agosto - O Couto (Ourense) Celta de Vigo B 1 CD Ourense 2 14 de agosto - Barreiro (Vigo) Celta de Vigo B 0 Pontevedra CF 1 17 de agosto - A Moreira (Xinzo de Limia) CD Ourense 0 Celta de Vigo 5 20 de agosto - A Moreira (Xinzo de Limia) CD Ourense 0 Pontevedra CF 4 30 de agosto - Barreiro (Vigo) Celta de Vigo B 0 Celta de Vigo 2 6 de setembro - Pasarón (Pontevedra) Pontevedra CF 2 Celta de Vigo 0
Fase final
Notas
2006 Categoría:2006 en Galicia Categoría:Fútbol en 2006