Un eroge (エロゲ, erotic game) é un videoxogo xaponés para videoconsola ou computador persoal cuxo contido principal é de tipo erótico ou pornográfico, usualmente utilizando o estilo artístico característico do anime. En occidente, os xogos eroge son catalogados erroneamente como xogos hentai baseándose na definición e aplicación occidental da palabra hentai. O termo é acurtado en inglés como xogo H, ou ata H game, os cales tampouco adoitan ser utilizados no Xapón.
Historia Nos anos 1980, as compañías xaponesas introduciron as súas propias marcas de microordenadores para competir cos Estados Unidos. Os modelos en competencia incluían a serie X1 da compañía Sharp, a FM-7 de Fujitsu, e PC-88 de NEC. NEC atopábase detrás dos seus competidores en termos de hardware (con só 16 cores e sen soporte para son) e necesitaba buscar un xeito de controlar o mercado. Foi por mor disto que se inventaron os xogos eróticos.
Eroges famosos Adam the double factor de C's Ware Air de Key Atlach=Nacha d'Alicesoft Brave Soul de Crowd Crescendo de Digital Objet Dividead de C's Ware Eve burst error de C's Ware Fate/hollow ataraxia de Type-Moon Fate/stay night de Type-Moon Kana imōto de Digital Objet Kanon de Key Kimi ga nozomu eien d'Âge RapeLay de Illusion Shuffle! de Navel True Love de Software House Parsley Tokimeki check In! de Crowd Tsukihime de Type-Moon
Véxase tamén
Ligazóns externas Eroge: pasado, presente e futuro
Categoría:Xéneros de videoxogos Categoría:Pornografía