L'Alguer (en italiano: Alghero; en catalán: l'Alguer; en sardo: S'Alighera) é unha cidade italiana da provincia de Sassari, na illa de Sardeña, de lingua tradicional catalá. Residen na comuna 39.372 habitantes.
Historia En 1372 os cataláns expulsan á poboación sarda autóctona e repoboan a cidade con cataláns de Barcelona, despois de se produciren varias revoltas. No século XVII o castelán substitúe o catalán como lingua oficial e dende o século XVIII é o italiano a lingua oficial. Hoxe a variedade algueresa do catalán fálana os maiores de 30 anos, pero poucos son os nenos que a empregan, aínda que o goberno municipal promove a súa aprendizaxe segundo a lei rexional do 11 de setembro de 1997 de promoción e valorización das lingua minoritarias de Sardeña.
Demografía
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Comuna de L'Alguer e Xornal electrónico de L'Alguer
Categoría:Concellos da provincia de Sassari Categoría:Lingua catalá