Maud de Northumbria, nada en 1074 e finada en 1130, foi unha nobre inglesa. Condesa de Huntingdon, filla de Watheof II de Northumbria e Xudite de Lens, herdou o título do condado de Huntingdon do seu pai e casou dúas veces.
Traxectoria
A súa nai, Xudite, rexeitara casar con Simón I de Saint Liz, conde de Northampton. Este rexeitamento enfureceu ao seu tío, o rei Guillerme I de Inglaterra que ordenou a confiscación das propiedades de Judith logo que ela marchara do país. Maud aceptou coller o lugar da súa nai e casou con Simon de Saint Liz no 1090. Entre os fillos que tivo con el salientan: Maud de Saint Liz, casada con Robert FitzRichard e despois con Saer I de Quincy. Simón II de Saint Liz, conde de Huntingdon e Northampton. San Walteof de Saint Liz (1100 – 1159 ou 1160). O seu primeiro marido morreu en 1109 e Max casou entón co rei David I de Escocia no ano 1113. Deste matrimonio naceu un fillo, Henrique de Escocia.
Categoría:Monarcas