Tabordela é un lugar da parroquia de Piñeiro, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2022 tiña 26 habitantes (12 homes e 14 mulleres). Linda coa parroquia de Taborda.
Patrimonio En Tabordela está situado o centro Unión del Porvenir, fundado en Nova York polos emigrantes das parroquias de Piñeiro e Taborda o 24 de decembro de 1918, nel foi mestre Alonso Ríos cando era colexio indiano. Estase restaurando por un obradoiro subvencionado polo concello. Hai un lavadoiro que serve de marco para separar Piñeiro e Taborda.
Lugares e parroquias Lugares de Piñeiro
Parroquias de Tomiño
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tomiño
Categoría:Lugares de Tomiño