miniatura|Práxedes Mateo Sagasta O Partido Liberal (nacido como Partido Fusionista pasou a denominarse Partido Liberal Fusionista e logo liberal)Alvar Ezquerra (2003), p. 473Pascual (1999), p. 193 foi un partido político español creado en 1880 por Práxedes Mateo SagastaVidal Manzanares (2009), p. 103 e que, co Partido Conservador de Cánovas, constituiría o sistema bipartidista con alternancia no goberno que caracterizaría á Restauración española durante o tramo final do século XIX e o inicial do século XX, e que se denominou o "turnismo" ou quenda.

Ideoloxía Orixinariamente, integráronse aqueles liberais que, aínda que aceptaban a Afonso XII e a que desconfiaban da experiencia do Sexenio Democrático, aspiraban a introducir progresivos cambios no sistema político canovista para recuperar dereitos e liberdades presentes na Constitución de 1869, especialmente:

Extensión das liberdades de conciencia, expresión e reunión. Restablecemento do xurado popular. Liberdade de prensa. Reintrodución do sufraxio universal masculino.

Estes ideais inspiraron as políticas desenvolvidas polos gobernos de Sagasta a finais do século XIX. A principios do século XX, logo da morte de Sagasta, os políticos liberais amosan influencias do new liberalism británico, como amosa a maior ambición dos seus programas sociais para conter a conflitividade obreira e labrega así como o control das actividades das ordes relixiosas. Tamén haberá sectores partidarios de colaborar con forzas políticas de esquerda non dinástica.

Traxectoria Agrupaba no seu seo aos sectores non republicanos do momento que aceptaban a nova legalidade reflectida na Constitución de 1876 e entre os que incluían monárquicos, membros do Partido Constitucional do xeneral Serrano, do Partido Radical de Ruiz Zorrilla, os “posibilistas” de Castelar e a algúns sectores militares.

O seu programa político pretendía a recuperación progresiva dos dereitos e liberdade presentes na Constitución de 1869 como a consecución do sufraxio universal masculino (obxectivo que vería cumprido en 1890), a liberdade de asociación relixiosa e a separación de poderes; e aínda que cabería cualificalo como un partido dinástico, a principios do século XX algúns políticos que máis tarde serían republicanos militaron nas súas filas, como Niceto Alcalá Zamora.

O sistema de alternancia política característico da Restauración iníciase cando Cánovas cede o poder a Sagasta e este forma o primeiro goberno o 8 de febreiro de 1881 iniciando unha primeira etapa do sistema que coñecerá ata tres gobernos liberais (dous presididos polo propio Sagasta e un por Posada Herrera).

A segunda etapa iníciase coa institucionalización do sistema en 1885 cando ambos os partidos asinan o Pacto do Pardo que establecía que ambos partidos se alternarían no poder á morte de Afonso XII, o cal foi garantido grazas ás redes caciquís con que ambos partidos contaban por toda España. Este pacto impedía o acceso ao poder de ideoloxías radicais naquel momento (anarquismo, socialismo, republicanismo) que podían pór en perigo o réxime monárquico. miniatura|José Canalejas En 1898 prodúcese unha primeira escisión no Partido Liberal cando Germán Gamazo Calvo abandona o partido, encabezando un grupo disidente que terminaría uníndose ao Partido Conservador.Calzada del Amo (2011), pp. 88-89

Tras a morte de Sagasta, en 1903, produciuse un enfrontamento entre Eugenio Montero Ríos, representante das posicións máis esquerdistas, e Segismundo Moret, máis centristas, por tomar as rendas do Partido Liberal que ao cabo levaría a José Canalejas a dirixilo e aínda que intentou reformalo para achegalo á realidade do país, o seu asasinato truncou calquera evolución do partido. O goberno de Canalejas, cunha forte vontade reformista, impulsou a Lei das Mancomunidades procurando abordar as reivindicacións territoriais, a Lei do Servizo Militar e a do Cadeado, que buscaba limitar a influencia das ordes relixiosas en moitos eidos sociais.

A morte de Canalejas, en 1912, reabriu a loita polo poder con dous novos protagonistas: o Conde de Romanones e Manuel García Prieto e que levarían ao partido a unha profunda crise que unida á do propio sistema político que protagonizara a unha fase de disgregación que finalizou en 1931, logo da ditadura de Primo de Rivera e co final da monarquía de Afonso XIII.

Líderes do Partido Liberal 1876-1902: Práxedes Mateo Sagasta; 1902-1912: José Canalejas Méndez; 1912-1913: Segismundo Moret Prendergast; 1913-1918: Conde de Romanones; 1918-1923: Manuel García Prieto e mailo Conde de Romanones; 1923-1931: Durante a ditadura de Primo de Rivera, suspendeu a súa actividade política 1931: Conde de Romanones e Gabino Bugallal Araújo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Partido Conservador Partido Constitucional Partido Demócrata-Radical

Categoría:Restauración borbónica en España Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España