miniatura|dereita|220px|Huecco no 2017. Huecco, nado en Plasencia en 1974 é un cantante español, exmembro de Sugarless. Durante esa etapa era coñecido coma Ivanh.
Traxectoria Con Sugarless gravou tres discos: Asegúramelo, Más gas e Vértigo. Deste último vendéronse 20.000 copias en España. Coa banda realizou unha chea de concertos por toda a xeografía española, así coma en Latinoamérica. Compartiu escenario con bandas como Slipknot. Tralo abandono do grupo que o deu a coñecer, no 2006 edita un disco que leva por título o seu nome. Participou no Viña Rock 2007. O seu segundo disco titulado Assalto saíu a venda a finais de abril do 2008.
Huecco é un cantante que fusiona e mestura gran cantidade de xéneros e estilos musicais. Nas súas cancións aprécianse toques e influencias que van dende o rock ata a rumba, pasando polo pop, mambo, reggaeton, ska ou hip hop. Tamén é coñecido por crear o rumbatón.
Discografía Con Huecco, o seu primeiro disco, coñeceuse a voz de Sugarless en solitario. Este álbum viu a luz , principalmente, en países de fala hispana aínda que tamén se vendeu nos EUA, o Brasil ou Portugal. É o resumo das influencias que foi recompilando nas súas viaxes durante anos para combinalas cás súas raíces españolas.
Para o seu segundo disco, gravado nos Ánxeles baixo a tutela de Thomas Russo, o artista inspirouse en xéneros tan diferentes coma o flamenco ou a chason francesa.
Discos Huecco (2006) - Disco de platino en España (+80.000 copias) Assalto (2008) Dame Vida (2011)
Sinxelos Huecco "Pa' mi guerrera" "Tacones baratos" "Idiota"
Assalto "La Reina de los Angelotes" "Mirando al cielo" "Se acabaron las lágrimas"
Dame Vida "Dame vida" "Amar en tiempos violentos"
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Huecco
Categoría:Cantantes de España Categoría:Nados en Plasencia Categoría:Nados en 1974